A oitava e derradeira tempada da serie de televisión de drama e fantasía Game of Thrones estreouse en HBO o 14 de abril de 2019. A rodaxe da mesma comezou oficialmente o 23 de outubro de 2017 e rematou en xullo de 2018.

Ó contrario que as primeiras seis tempadas, que tiñan dez episodios cada unha, e da sétima tempada que tiña sete episodios, a oitava só ten seis. Ó igual que a tempada anterior, gran parte do contido orixinal non se atopa na saga A Song of Ice and Fire de George R. R. Martin e é unha adaptación das revelacións de Martin ó equipo de rodaxe de da serie sobre o contido das seguintes novela de Martin, The Winds of Winter e A Dream of Spring. A tempada foi adaptada para a televisión por David Benioff e D. B. Weiss.

Episodios N.º(serie) N.º(temp.) Título Director(es) Guionista(s) Data de estrea Audiencia en EE. UU. (millóns)

Notas

Categoría:Game of Thrones