Fejervarya cancrivora (antes Rana cancrivora) é unha ra nativa do sueste asiático, incluíndo Taiwán, a China, as Filipinas e máis raramente a parte máis occidental de Orissa na India. Foi tamén introducida en Guam, e probablemente tamén foron introducidas as de Taiwán.Wostl, Elijah, Eric N. Smith, and Robert N. Reed. 2016. Origin and Identity of Fejervarya (Anura: Dicroglossidae) on Guam. Pacific Science 70(2):233-241. https://doi.org/10.2984/70.2.9 Vive en mangleiraiss e pantanos e é un dos 144 anfibios modernos coñecidos que poden tolerar breves excursións na auga de mar..

Pode tolerar ambientes mariños (inmersión en auga salgada durante breves períodos ou augas salobres por períodos prolongados) ao incementar a produción e retención de urea, e por permanecer lixeiramente hiperosmótica nun fluxo de urea e sodio. Os adultos poden sobrevivir en auga salgada con salinidades de ata 2,8% e os cágados poden sobrevivir a salinidades de ata 3,9%.

Dieta O alimento que come esta ra depende principalmente das presas dispoñibles no lugar onde vive. Preto de augas doces, a súa dieta principal son os insectos. Mais en ambientes de augas salobres, come maiormente pequenos crustáceos, como cangrexos.

Alimento humano No sueste asiático esta ra é cazada localmente para comela e a miúdo é criada para comer as súas ancas, como ocorre en Xava, Indonesia.Kusrini, MD (2005). Edible frog harvesting in Indonesia: evaluating its impact and ecological context. Ph.D. dissertation, James Cook University.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Amphibian and Reptiles of Peninsular Malaysia - Fejervarya cancrivora Amphibian and Reptiles of Peninsular Malaysia - Fejervarya raja F. cancrivora en Ecology Asia

Categoría:Anuros Categoría:Animais descritos en 1829 Categoría:Anfibios de Camboxa Categoría:Anfibios da China Categoría:Anfibios de Filipinas Categoría:Anfibios da India Categoría:Anfibios de Laos Categoría:Anfibios de Malaisia Categoría:Anfibios de Tailandia Categoría:Anfibios de Taiwán Categoría:Anfibios de Vietnam