Edward Newton, nado o 10 de novembro 1832 en Elveden, Suffolk, Inglaterra, e finado o 25 de abril de 1897 en Lowestoft, condado de Suffolk, foi un político, administrador colonial e ornitólogo inglés.
Era fillo do político William Newton, e irmán do tamén ornitólogo Alfred Newton (1829-1907), que foi profesor de Zooloxía e Anatomía comparada na Universidade de Cambridge.
Traxectoria Nacido en Elveden, Suffolk, Inglaterra, era o sexto fillo do parlamentario William Newton, cuxa fortuna familiar debíase a unhas plantacións de azucre no Caribe, onde o avó de Edward, Samuel Newton, tiña unha en Saint Kitts, e unha propiedade en Santa Cruz. William Newton estableceuse en Inglaterra en 1813, adquirindo unha propiedade en Elveden, preto de Thetford (condado de Norfolk).Evans, David E. "Newton, Alfred (1829–1907)". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press.
Estudou, como seu irmán máis vello, no Magdalene College, da Universidade de Cambridge, onde se graduou en 1857. Traballou para a administración colonial británica. Viviu en Mauricio entre 1859 e 1877 (como ministro de Colonias) e en Xamaica entre 1877 e 1883 (como tenente Gobernador).
O entusiasmo polas aves que sentía Alfred Newton fixo que fora compartido polo seu irmán máis novo Edward: os dous levaron a cabo observacións de aves cando estaban xuntos, e mantiveron correspondencia cando estaban separados.
Xunto co seu irmán, e outros, foi un dos fundadores da British Ornithologists' Union, e da súa revista Ibis.
Observou e recolleu moitos espécimes que enviou ao seu irmán Alfred, entre elas aves extintas, como o dodo (Raphus cucullatus) e o solitario de Rodrigues (Pezophaps solitaria).
Newton, en solitario ou co seu irmán, publicou numerosos artigos científicos. Entre eles destaca un importante artigo sobre as aves da Santa Cruz. Tamén publicou entre 1862 e 1869 varios artigos sobre as aves de Madagascar e as illas Mascareñas onde describiu varias novas especies.
En 1881 publicou unha lista das aves de Xamaica. As observacións de Edward Newton permitiron un considerábel progreso no coñecemento da avifauna desta illa.
Algunhas publicacións
Abreviaturas As abreviaturas Newton e E. Newton,Empregada ás veces para non confundilo co seu irmán maior Alfred Newton, tamén ornitólogo. empréganse para recoñecer a como autoridade na descrición en taxonomía en zooloxía.
Honores Foi distinguido coa Orde de San Miguel e San Xurxo.
Epónimos O lagarteiro de Madagascar (Falco newtoni) foille dedicado no seu honor por John Henry Gurney (1819-1890) en 1863, descrición que baseou nunha mostra recollida por Edward Newton. Phelsuma edwardnewtoni, unha especie de gekko, foi nomeada na súa honra.Beolens, B.; Watkins, M. & Grayson, M. (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISNN 978-1-4214-0135-5, páxina 80.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Beolens, Bo & Michael Watkins (2003): Whose Bird? Common Bird Names and the People They Commemorate. New Haven: Yale University Press. ISBN 0-3001-0359-X.
Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Ornitólogos do Reino Unido Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Nados en 1832 Categoría:Nados en Suffolk Categoría:Finados en 1897