Almudena Cueto Sánchez, nada en Nava o 26 de outubro de 1975, é unha avogada e política feminista e socialista española, dende 2015 directora xeral do Instituto Asturiano da Muller e da Mocidade.

Traxectoria Dirixente de Mocidades Socialistas ós 19 anos, de 1993 a 2001 foi Concelleira do Grupo Municipal Socialista no Concello de Nava. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Oviedo e estudou un curso de Experta Universitaria en Axente de Igualdade de Oportunidades na Uned e un máster universitario en Sostibilidade e Responsabilidade Social Corporativa na Uned e a Universidade Jaume I de Castelló.

Ós 25 anos trasladou a súa residencia a Barcelona onde traballou como consultora nunha compañía de seguros catalá onde traballou de 2001 até 2004, momento no que regresou a Asturias. De 2004 a 2012 foi integrante do equipo de Antonio Trevín na súa etapa como Delegado do Goberno en Asturias onde traballou como asesora.

Foi fundadora de Más Innovación Social, empresa dedicada a xestionar a creación de valor compartido para as organizacións, a través da innovación e da responsabilidade social. Nas eleccións municipais de maio de 2015 ocupou o oitavo lugar na lista do Partido Socialista de Oviedo que encabezou Wenceslao López e na que este obtivo 5 escanos.

En setembro de 2015 foi nomeada Directora do Instituto Asturiano da Muller e da Mocidade substituíndo a Carmen Sanjurjo.

Notas

Categoría:Nados en 1975 Categoría:Feministas de Asturias Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo