Jessica Alonso Bernardo, nada o 20 de setembro de 1983 en Xixón, é unha xogadora española de balonmán pertencente ó Le Havre AC francés.
É internacional absoluta coa selección española, coa que logrou a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, xogando 90 partidos internacionais e anotando 194 goles.
Traxectoria Durante as súas seis tempadas no equipo de Navarra, a SD Itxako, gañou catro Ligas ABF consecutivas nos seus últimos tres anos, de 2009 a 2012, tres Copas da Raíña, tres SuperCopas de España. Na tempada 2007-08, perdeu a final da Copa EHF, pero un ano máis tarde conseguirían resarcirse ó vencer ó Leipzig, anotando 3 goles Jessica no partido de volta.El Itxako, campeón de la Copa EHF pese a caer en Leipzig Tamén chegou á final da liga de Campións da EHF de 2010-11, e a pesar de que gañaron o partido de volta, non puideron remontar o resultado da ida, quedando subcampioas.El Itxako vence al Larvik, pero no puede remontar el resultado de la ida
No verán de 2012, fichou polo equipo serbio o RK Zajecar, co que consegue a liga Serbia e Campión da Copa. Só estivo nel un ano, para irse ó balonmán francés fichando polo Le Havre AC en 2013.Jéssica Alonso ficha por el Le Havre francés
En Le Havre estivo dúas tempadas quedando a primeira delas en terceira posición da liga Francesa. Na tempada 2015-16 ficha polo equipo francés de Besançon quedando en quinta posición.Tras esta tempada retírase do balonmán profesional e na actualidade forma parte do corpo técnico da selección española de balonmán exercendo funcións como delegada.
Notas
Categoría:Nados en Xixón Categoría:Nados en 1983 Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia Categoría:Deportistas de Asturias