Durante la tormenta é un filme español de misterio e drama de 2018 dirixido e coescrito por Oriol Paulo e protagonizada por Adriana Ugarte e Chino Darín. A súa duración é de 128 minutos e o súa lingua orixinal é a castelá. A súa data de estrea foi o 13 de novembro do 2018 en España, e internacionalmente a través de Netflix o 22 de marzo de 2019. Este filme está presente nos Premios Goya de 2019.

Sinopse Unha misteriosa interferencia entre dous tempos provoca que Vera, unha nai felizmente casada, salve a vida dun rapaz que viviu na súa casa 25 anos antes. Pero as consecuencias da súa boa acción dá lugar a unha reacción en cadea que provoca unha nova realidade onde a súa filla nunca nacera.

A noite da caída do muro de Berlín, Nico quedara só na súa casa, tras ter despedido á súa nai rumbo ao traballo. O rapaz tiña o propósito de usar a videocámara e o televisor para gravar as súas covers musicais e así poder conseguir ser unha grande estrela do rock. Pero, mentres o facía, Nico escoita ruídos provenientes da casa dos seus veciños (Ángel e Hilda) e o rapaz decide marchar da súa casa para ver que sucede, e é cando descobre o cadáver de Hilda. Nico escapa moi asustado tras ser sorprendido por Ángel e ao final unhaambulancia bate nel. O sentimento de culpa de Ángel ou as indagacións da policía fixeron que este confesase que el matara á súa esposa. Esta é a Liña do Tempo 1, na que Nico morre, Ángel vai á cadea, Vera é enfermeira e ten a Gloria (a súa filla).

A pesar de estaren separados por 20 anos de diferenza, a calidade única da tormenta permitiu que as ondas electromagnéticas xeradas tanto en 1989 como en 2009 se cruzasen permitindo unha comunicación efectiva entre Nico e Vera a través dun aparato como un televisor. Aquí se crea unha segunda liña do tempo: a Liña do Tempo 2, onde os feitos que vimos na Liña do Tempo 1 modifícanse: Ángel está libre, Vera é neurocirurxiá, Gloria non existe e Nico non morrera e obsesionouse con coñecer á muller do futuro, tendo como pista tan só a estación de Valpineda. Cando a viu decidiu ocupar o lugar fronte ela no tren, evitando o seu encontro inicial con Aitor, o seu marido na Liña do Tempo 1.

Vera logra evitar que Nico vaia á casa de Ángel e, ao saír da rúa, evita ser arrollado pola ambulancia. Nico, inicialmente cre que soñara terse comunicado con ela, a muller do futuro, que vive na súa mesma casa. Pero logo comproba que ela dixera a verdade, cando un raio cae na súa escola e as clases son suspendidas. Nico intenta comunicarse con Vera novamente pero resúltalle imposible e, eventualmente, decide botar unha ollada á casa de Ángel. Ao entrar, observa que Hilda non marchara a ningún lado, senón que está morta e logo ve como Ángel corta o seu cadáver en pedazos para metelo nunha maleta. Nico escóndese debaixo dunha cama para non ser sorprendido por Ángel e termina encontrando un reloxo de ouro.

Ao final do filme chegamos á Liña do Tempo 3, que se parece moito á Liña do Tempo 1, pero con algunhas diferenzas: Nico segue vivo, Ángel está libre e casara con Clara e criou a Aitor e nunca soubo que sucedeu con Hilda Weiss.

Personaxes Adriana Ugarte como Vera Roy. Chino Darín como Inspector Leyra. Álvaro Morte como David Ortiz. Javier Gutiérrez como Ángel Prieto. Miquel Fernández como Aitor Medina. Marco de Francisco como Aitor Medina (neno). Nora Navas como Clara Medina. Julio Bohigas-Couto como Nico Lasarte. Mima Riera como María Lasarte. Francesc Orella como Doutor Fell. Albert Pérez como Román. Clara Segura como Hilda Weiss. Silvia Alonso como Mónica. Aina Clotet como Úrsula. Ana Wagener como Inspectora Dimas. Ruth Llopis como Profesora Miranda. Belén Rueda como Dra. Sardón.

Espazo e tempo A historia ten lugar en Barcelona, España, en dous puntos cronolóxicos separados por 20 anos, o primeiro, cuxo protagonista é Nico Lasarte, empezando o día que caeu o muro de Berlín, o 9 de novembro de 1989; e, o segundo, cuxa protagonista é Vera Roy, empezando o 9 de novembro de 2009.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de ciencia ficción Categoría:Filmes ambientados en 1989 Categoría:Filmes ambientados en 2014 Categoría:Filmes de Atresmedia Cine