Lago Tele (en ) é un lago de auga doce que se atopa no distrito de Epena, na República do Congo.

Lendas O lago Tele é coñecido pola lenda de Mokèlé-mbèmbé (unha suposta criatura reptiliana non identificada), e tamén é o lugar onde os pigmeos mataron e comeron unha das criaturas, arredor do ano 1959.

O libro de 1996 Congo Journey, polo escritor e viaxeiro británico Redmond O'Hanlon, describe con certo detalle a súa viaxe ó longo do Congo até o lago Tele na procura de Mokèlé-mbèmbé, achegando ó mesmo tempo unha rica descrición da fauna e flora locais, así como prácticas culuturais congolesas e as relacións cos pobos pigmeos.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Lagos da República do Congo