miniatura|O teatro grecorromano de Enoanda. Enoanda (, tà Oinóanda) foi unha cidade da Grecia antiga situada na rexión de Licia, na parte alta do val do río Xanto. É coñecida pola inscrición filosófica do filósofo epicúreo Dióxenes de Enoanda. As ruínas da cidade están ao oeste da cidade moderna de İncealiler no distrito de Fethiye da provincia de Muğla, Turquía, que está parcialmente construída sobre a cidade antiga.

Historia En época dos hititas chamábase Wiyanawanda. Durante o período helenístico foi a cidade máis meridional do tetrápole de Cibira, que foi disolta por Lucio Licinio Murena no -84 cando Enoanda pasou a formar parte da liga licia, segundo demostran numerosas inscriciónsEstrabón, XIII 4.17.. A historia anterior da cidade descoñécese, a pesar dunha misión levada a cabo polo British Institute at Ankara en 1974–76Alan Hall, "The Oenoanda Survey: 1974-76", Anatolian Studies 26 (1976:191-197).. Parece que Enoanda se converteu nunha colonia de Termeso en torno ao -200 ou -190 e que ademais a chamaron chamou Termessos MinorRousset D., De Lycie en Cabalide, fouilles de Xanthos X, Droz, Genève 2010 ou Termessos he pros Oinoanda.

O lugar foi identificado primeiro por Hoskyns e Forbes en 1841, e publicado no Journal of the Royal Geographical Society, XII (1843). A inscrición filosófica de Dióxenes de Enoanda, identificouse máis tarde a partir de fragmentos, procedentes ao parecer da stoá, que probabelmente erixiu el mesmoC.W. Chilton, Diogenes of Oenoanda: The Fragments (1971); Hall 1976:196 note 23.. A stoá de Dióxenes desmantelouse na segunda metade do século III para facer sitio a un muro defensivo; antes o lugar carecía de fortificaciónHall 1976:196.. En 2012 identificáronse uns 300 fragmentos de distintos tamaños (dunhas poucas letras a varias frases que cubrían máis dun bloque)"The Oinoanda campaign of 2012", German Archaeological Institute (DAI) website (accessed 27 June, 2014).

Nos anos 1990 atopáronse probas de que houbo unha antiga ponte romanaN. P. Milner: "A Roman Bridge at Oinoanda", Anatolian Studies, 48 (1998), pp.117–123.

O Instituto Arqueolóxico Alemán está a levar a cabo novas escavacións.

Enoanda é unha diocese da Igrexa católicaCatholic Hierarchy.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Livius.org: Oenoanda

Categoría:Cidades de Turquía