Last Building Burning é o quinto álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Cloud Nothings, publicado o 19 de outubro de 2018 a través do selo Carpark Records.

O álbum gravouse en oito días co produtor Randall Dunn, que é máis coñecido polo seu traballo na produción de música drone e heavy metal. A gravación tivo lugar en Sonic Ranch, un estudio na cidade fronteiriza de Tornillo, Texas. O álbum anunciouse o 13 de agosto de 2018, coincidindo co lanzamento do seu primeiro sinxelo, "The Echo of the World". Antes da publicación do disco lanzáronse dous sinxelos máis: "Leave Him Now" e "So Right So Clean".

Listaxe de cancións Toda a música e letras por Dylan Baldi.

Notas

Categoría:Álbums de Cloud Nothings Categoría:Álbums musicais de 2018 Categoría:Álbums de Carpark Records