Lucio Casio Dión CoceianoO seu nome completo foi Lucio Claudio Casio Dión Cocceiano (en latín, L. Claudius Cassius Dio Cocceianus)(PIR2 C 0492). Tamén aparece escrito ao revés: Casio Dión. (en grego Δίων Κάσσιος Díōn Kássios; en latín: Lucius Cassius Dio),L'Année épigraphique 1971, 430 = Κλ΄ Κάσσιος Δίων. Roman Military Diplomas 1985, 133 = L. Cassius Dio. Algúns autores, baseándose na inscrición grega, argumentan que o seu praenomen foi Claudio, aínda que é posíbel que o "K" sexa un erro de transcrición ou interpretación. tamén coñecido como Dión Casio, nado en Nicea en 155 e finado en 235, foi un político, militar e historiador romano da época da dinastía dos Severos que acadou as máis altas maxistraturas do Estado e foi honrado cun segundo consulado no ano 229 co emperador Alexandre Severo. Escribiu unha historia de Roma desde as orixes até o seu tempo que chegou parcialmente á actualidade.
Traxectoria Naceu en Nicea de Bitinia (actual Iznik), na península de Anatolia, actual Turquía. Pertencía a unha gran familia senatorial, pois era fillo do influente patricio Casio Aproniano, cónsul en 191, senador e gobernador de varias provincias, e descendía por parte materna de Dión de Prusa. O seu nome completo quizais fose Lucio Casio Dión. O nome de Cocceiano quizais fose engadido en época bizantina, debido a unha confusión con Dión de Prusa.
Seguiu unha exitosa carreira senatorial, rango que obtivo baixo o emperador Cómodo. Ocupou sucesivamente o cargo de pretor en 194, consul suffectus en 204 ou 205, curator de Pérgamo e Esmirna ao redor dos anos 217 e 218, procónsul de África cara ao ano 222, legatus Augusti pro praetore de Dalmacia e Pannonia Superior baixo Alexandre Severo e cónsul ordinario no ano 229. En 235 renunciou á vida pública e retirouse a Nicea para proseguir alí os seus estudos.
Dión viviu unha época turbulenta. Tanto el como os seus compañeiros senatoriais amedrentáronse ante a tiranía dos emperadores e lamentaron a ascensión ao trono dunha serie de homes aos que consideraban uns simples arribistas e en Pannonia tivo que enfrontarse á indisciplina militar. Todas esas experiencias foron evocadas no relato que fai da súa propia época e tiveron moito que ver na idea que se fixo dos tempos pretéritos.
Obra miniatura|Historia romana A súa obra máis famosa é Historia romana (en grego, Ρωμαϊκή Ἰστορία Rhōmaikē Historíā), escrita en grego, que abrangue preto de mil anos de historia, desde a fundación da cidade en -753 até o ano 229 . Consta de oitenta libros, moitos dos cales chegaron até a actualidade en resumos de Zonaras e Xifilino de época bizantina. É, xunto con Herodiano, o escritor máis importante dos séculos II e III, pero a súa obra sempre se viu envolta na polémica. Moitos o tachan de «mentireiro». En certo xeito teñen razón. Ao ser senador, non vía con bos ollos a ascensión ao poder que tiñan os équites, que serían, desempeñando a función de prefecto do Pretorio, os que en moitas ocasións chegarían a ter o auténtico poder en Roma, en contraposición co Senado, que queda apartado a un segundo plano, máis como algo representativo que como un poder fáctico.
Por ese motivo, en moitos dos seus relatos sobre emperadores, sobre todo na dinastía Severa, leva a contraria a ditos emperadores. Por exemplo, no referente á Constitutio Antoniniana, promulgada por Caracalla ao redor de 215, arremeteu contra o emperador por conceder a cidadanía romana a todos os habitantes do imperio, non sendo os escravos, pero algunhas páxinas máis adiante el mesmo apoia a decisión de dar dita cidadanía.
A data de composición da Historia romana, obra para cuxa composición empregou dez anos en recoller material sobre acontecementos anteriores á morte de Severo (211) e outros doce en redactala, é polémica, pero, seguindo ao propio Dión, a máis lóxica é a de 202. A súa ausencia de Italia impediulle continuar cos sucesos posteriores á morte de Severo e soamente puido resumir o reinado de Alexandre Severo. Concluíu a obra co relato da súa propia saída da vida pública.
Dión tamén conta (LXXII, 23) que, tras unha breve obra sobre os soños e portentos que presaxiaron a ascensión ao trono imperial de Septimio Severo, emprendeu a redacción primeiro dunha historia das guerras desencadeadas tras a morte de Cómodo e despois a da historia de Roma, pero non se conserva ningunha das súas primeiras obras nin dos tratados históricos que lle atribúe a Suda (léxico bizantino).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Fontes primarias
Fontes secundarias
Ligazóns externas ligazón=|alt=|16x16px Wikisource en grego contén obras orixinais de Dión Casio.
Categoría:Historiadores da Roma Antiga Categoría:Nados na provincia de Bursa Categoría:Nados no século II Categoría:Finados no século III