Pseudacris regilla é unha especie de ra hílida que vive na costa oeste de Norteamérica (desde o norte de California, Oregón e Washington) á Columbia Británica e extremo sur de Alasca. Vive desde o nivel do mar ata máis de 3000 m de altura en moitos tipos de hábitats, reproducíndose en lugares acuáticos. Ten cor verde ou marrón e un individuo pode cambiar de cor en períodos de horas ou semanas. En 2007, foi nomeada anfibio oficial do estado de Washington.
O macho atrae as parellas facendo un canto coral que é un dos cantos de ras máis sonoros da súa área. Emiten varios tipos de chamadas: a chamada de anuncio dos machos, unha chamada de encontro e a “chamada de terra seca”, que pode oírse todo o ano excepto durante os períodos máis fríos e secos. Os machos chaman ás femias tan alto como lles é posible e producen un son que parece producido por múltiples machos, que poden oír numerosas femias. Unha vez que a femia se aproxima, o macho para de cantar e intenta o amplexo. Os machos teñen un dedo extra moi pequeno nos seus polgares externos que usan exclusivamente no amplexo. A reprodución ten lugar de noite, preto de augas pouco fondas, xeralmente despois dunha chuvia. A estación reprodutora normalmente abrangue desde decembro a maio, aínda que hai algunhas variacións. A altitude adoita afectar á duración da estación reprodutora.Schaub, D. L., and J. H. Larsen, Jr. 1978. The reproductive ecology of the Pacific treefrog (Hyla regilla). Herpetologica 34(4); 409-416.
Taxonomía O nomeamento desta ra tivo unha historia bastante confusa. Primeiro, foi movida desde o xénero Hyla, onde inicialmente fora clasificada, ao xénero Pseudacris en 1986. Despois, en 2006, Recuero et al. dividiron as poboacións (que irían desde Alasca ao sur de Baixa California) en tres especies. Recuero et al. vinvularon o nome Pseudacris regilla coas poboación do compoñente xeograficamente central da especie, mentres que chamaron Pseudacris hypochondriaca ao compoñente sur (Baixa California), e Pseudacris pacifica ao compoñente norte. Porén, se se acepta esta división, o nome correcto (é dicir, o nome máis antigo dispoñible) para o compoñente norte é Pseudacris regilla e para o central é Pseudacris sierra. Esta revisión segue sendo controvertida.Dodd, C. K., Jr. 2013. Frogs of the United States and Canada. Volume 1. xxxi + 460. Na obra The Amphibian Species of the World 6.0 recoñécese a división, pero nela úsase o nome Pseudacris regilla para o compoñente norte, e foi esta a definición que se seguiu neste artigo.
miniatura|upright|350px|Morfo verde na Columbia Británica miniatura|upright|Morfo de cor verde miniatura|upright|Morfo de cor mesturada miniatura|upright|Morfo de cor marrón miniatura|300px|esquerda|Morfo verde.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Datos, taxonomía, mpas de distribución e imaxes de Pseudacris regilla en ZipcodeZoo.com. Californiaherps.com Descrición detallada, fotos, sons mister-toad.com Descrición da ecoloxía con fotos, audios e vídeos Identificación Gravacións de sons
Categoría:Anuros Categoría:Anfibios do Canadá Categoría:Anfibios dos Estados Unidos de América Categoría:Animais descritos en 1852