miniatura|Fábulas de Babrio. miniatura|Papiro de Babrio do século III ou IV con tradución latina. Babrio ou Valerius Babrius foi un poeta latino que viviu en Siria e escribiu en grego fábulas a fins do século I e comezos do II"Babrius" in Chambers's Encyclopædia. London: George Newnes, 1961, Vol. 2, p. 21..

Traxectoria Algúns trazos da súa métrica e o nome Babrio, polo xeral aplicado aos libertos, confirman que era de orixe latina ou romana. Viviu posibelmente en Siria, onde sería preceptor dos fillos dun rei helenizado, pero o seu nomen, Valerius, era romano. Posuía unha cultura moi extensa: nos seus versos hai reminiscencias de Homero, Hesodo, Semónides, Teognis, Píndaro, Safo, Sófocles, Eurípides, Esquilo e Aristófanes, e o que é máis interesante e desconcertante, tamén coñecía os Setenta, a literatura xudeoalexandrina e poetas tardíos (Opiano, en concreto). No século II adaptou cen fábulas de Esopo á forma do verso coliámbico, máis adecuada para a sátira, e chegaron a confundirse coas orixinais, de xeito que xa en vida súa empezou a ser imitado. No século III xa era un autor coñecido. No século IV Aviano reelaborou corenta e dúas fábulas de Babrio póndoas en dísticos.

Non se coñecían del máis nada que algúns fragmentos (publicados por Franz Xavier Mayer en Múnic, 1816) cando en 1843 o grego Minoides Mynas atopou no mosteiro de Santa Laura do monte Athos un manuscrito que contiña 123 fábulas. Jean François Boissonade de Fontarabie ofreceu a editio princeps en París, 1844. Johann Caspar von Orelli, Karl Lachmann (este en Berlín, 1845), e Théobald Fix publicaron despois edicións críticas; Léon Boyer deu unha tradución en verso francés. George Cornewall Lewis publicou en Londres, en 1859, unha segunda colección atribuída a Babrio que contiña 95 fábulas novas e un prefacio, cuxo manuscrito foi copiado por Mynas no monte Athos en 1857, xa que os monxes non quixeron vendelo; discútese aínda sobre se esta colección é falsa. Seis fábulas máis viron a luz grazas a P. Knoll, quen as leu nun manuscrito da Biblioteca Vaticana, e foron editadas por A. EberhardEberhard (1879), Analecta Babriana..

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Pierre Alexis Pierron: Historia da literatura grega (Histoire de la littérature grecque, 1850). Entrada de «Opiano e Babrio» (Oppien. Babrius): texto francés no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011); ed. de Hachette, 1875. Babrio no sitio da Bibliotheca Augustana (Augsburgo).

Categoría:Escritores en lingua grega antiga