Richard James Umbers, nado o 17 de marzo de 1971 en Otahuhu (Nova Zelandia), é un eclesiástico católico latino, dende 2016 bispo auxiliar de Sidney.
Traxectoria Naceu o 17 de marzo de 1971 en Otahuhu, un suburbio de Auckland, en Nova Zelandia. Logo de rematar os estudos de secundaria en Auckland, trasladouse a Sidney, onde se graduou en Económicas pola Universidade de Sidney en 1993. Posteriormente, en 1995 completou un mestrado en Xestión empresarial na Universidade de Waikato, en Nova Zelandia. Entre 1996 e 1999 realizou estudos eclesiásticos no Colexio Romano da Santa Cruz e na Pontificia Universidade da Santa Cruz, en Roma, e finalmente doutorouse en Filosofía pola Universidade de Navarra en 2002 coa tese "Virtue Epistemology in Linda Zagzebski". O 1 de setembro de 2002 foi ordenado sacerdote da prelatura do Opus Dei no santuario de Torreciudad. Á súa volta a Australia, foi capelán no Redfield College de Dural até 2012 e no Kenvale College de Randwick até 2006, e tamén foi profesor de Ética e Filosofía na Universidade de Notre Dame Australia até 2013.
O 24 de xuño de 2016 foi nomeado bispo auxiliar de Sidney e bispo titular de Thala polo papa Francisco, ao mesmo tempo que o tamén auxiliar Anthony Randazzo. Recibiu a consagración episcopal o 24 de agosto seguinte, de mans do arcebispo de Sidney Anthony Colin Joseph Fisher, e tivo como co-consagrantes ao arcebispo de Brisbane Mark Benedict Coleridge e ao bispo de Macau Stephen Lee Bun Sang.
Notas
Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados en Auckland Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Bispos católicos de Australia Categoría:Bispos católicos de Nova Zelandia Categoría:Membros do Opus Dei Categoría:Alumnos da Universidade de Sydney Categoría:Alumnos da Universidade de Waikato Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia da Santa Cruz