Pierre Daubenton, nado o 10 de abril de 1703 en Montbard (ducado de Borgoña) e finado na mesma localidade o 14 de setembro de 1776 foi un avogado, político e escritor francés, colaborador da Encyclopédie.Frank A. Kafker (1989): Recherches sur Diderot et sur l'Encyclopédie, pp. 125-150.
Traxectoria Era fillo de Jean Daubenton e Marie Pichenot, e irmán do naturalista Louis-Jean-Marie Daubenton.Xenealoxía de Pierre Daubenton .
No seu pobo natal, Montbard, foi primeiro avogado no xulgado local e, máis tarde, alcalde, comandante da gornición, tenente da policía e oficial do exército local.
Tamén foi subdelegado da administración en Dijon, capitán dos arcabuceiros, alguacil das abadías de Moutiers-Saint-Jean e Fontenay, membro das Academias de Lión e Dijon, das Sociedades Literarias de Auxerre e Ruán e, finalmente, membro honorario da Sociedade Económica de Berna.
Moi interesado en temas de historia natural, Pierre Daubenton achegou á Encyclopédie de Diderot moitos artigos sobre temas relacionados coa botánica e coa xardinaría e tamén sobre temas agrícolas.
Tamén se lle debe unha "Relación á festa dada en Montbard por Buffon sobre o nacemento do fillo de Luís Henrique, duque de Borbón, príncipe de Condé".
O 22 de outubro de 1737 casou con Bernarde Amyot, coa que tivo un fillo, Georges Louis Daubenton (1739–1785).
Notas
Véxase tamén Bibliografía Louise Lyle & David McCallam, edit. (2008): Histoires de La Terre: Earth Sciences and French Culture 1740–1940. Amsterdam: Rodopi. ISBN 9-0420-2477-1, p. 59. Mémoires de la Société Éduenne, 1879, tome 8. Autun: Dejussieu père et fils, p. 85.
Ligazóns externas Lista dos artigos de Pierre Daubenton para a Enclyclopédie en Wikisource.
Categoría:Nados en 1703 Categoría:Nados en Montbard Categoría:Finados en 1785 Categoría:Enciclopedistas