Leonid Danylovych Kuchma (), nado en Chaikine (Chernihiv) o 9 de agosto de 1938 é un político ucraíno que foi o presidente de Ucraína entre o 19 de xullo de 1994 e o 23 de xaneiro de 2005. Kucham asumiu o posto tras gañar as eleccións presidenciais de 1994 contra o seu rival, Leonid Kravchuk. Kuchma foi reelixido para outro mandato de cinco anos en 1999.
A súa presidencia foi rodeada por numerosos escándalos de corrupción e a redución da liberdade dos medios. A corrupción aumentou trala elección de Kuchma en 1994, mais en 2000–2001, o seu poder comezou a debilitarse a pesar da publicidade dos medios.Adrian Karatnycky, "Ukraine's Orange Revolution," Foreign Affairs, Vol. 84, No. 2 (Mar. – Apr., 2005), pp. 35–52 in JSTOR
Coa súa vixilancia, a economía de Ucraína continuou a declinar ata 1999, mentres que creceu dende 2000, levando unha certa prosperidade a algúns segmentos dos residentes nas cidades. Durante a súa presidencia, as relacións entre Rusia e Ucraína comezaron a mellorar.Robert S. Kravchuk, "Kuchma as Economic Reformer," Problems of Post-Communism Vol. 52#5 September–October 2005, pp 48–58
Tras unha carreira de éxito na industria da construción de máquinas na Unión Soviética, Kuchma iniciou a súa carreira política en 1999, cando foi elixido para a Rada Suprema (parlamento ucraíno). Foi reelixido en 1994. Actuou como primeiro ministro de Ucraína entre outubro de 1992 e setembro de 1993.
Entre xullo de 2014 e outubro de 2018 foi representante presidencial especial de Ucraína nas conversas de paz semioficiais sobre a guerra de Donbass.
Traxectoria Kuchma estudou na Universidade de Dnipropetrovsk, licenciándose en enxeñaría de foguetes. Foi enxeñeiro no Cosmódromo de Baikonur, así como membro do Partido Comunista da Unión Soviética. Tivo un importante papel nos programas de mísiles estratéxicos e foguetes espaciais como executivo da compañía industrial "Yuzmash" de Dnipropetrovsk. Dende 1990 a 1992 foi membro da Rada Suprema de Kíiv e pertenceu ao Comité de Defensa e Seguridade do Estado. Foi nomeado Primeiro Ministro de Ucraína en 1992.
Deixou o seu posto en setembro de 1993 para presentarse como candidato á presidencia do país en 1994, sendo reelixido en 1999.
A oposición acusouno de estar relacionado co asasinato en 2000 do xornalista Georgiy Gongadze e houbo protestas nos anos 2000-2001 baixo o lema "Ucraína sen Kuchma".¿El fin de Ucrania? Leonid Kuchma
Tamén foi criticado polas súas restricións á liberdade de prensa, aplicando a censura a toda crítica. A campaña de Kuchma contra a prensa foi tal que en 2001 o Comité para a Protección dos Xornalistas (CPX) considerou a Kuchma un dos dez peores inimigos da prensa ese ano, xunto a outros líderes como Fidel Castro, Vladimir Putin e o aiatolá Ali Khamenei.CPJ nombra a 10 enemigos de la prensa en el Día Mundial de la Libertad de Prensa
O seu primeiro ministro trala destitución de Anatoli Kinaj en 2002 foi Viktor Yanukovich.
Baixo Constitución de Ucraína, Kuchma deixou a presidencia en outubro de 2004, por non poder ser reelixido.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Åslund, Anders, and Michael McFaul.Revolution in Orange: The Origins of Ukraine's Democratic Breakthrough. (2006) Aslund, Anders. How Ukraine Became a Market Economy and Democracy. (2009) Birch, Sarah. Elections and Democratization in Ukraine. (2000) online edition Kubicek, Paul. The History of Ukraine. (2008) excerpt and text search Kuzio, Taras. Ukraine: State and Nation Building (1998) online edition Sochor, Zenovia A. "Political Culture and Foreign Policy: Elections in Ukraine 1994." in: Tismăneanu, Vladmir (ed.). 1995. Political Culture and Civil Society in Russia and the New States of Eurasia. (1994) . pp. 208–224. Whitmore, Sarah. State Building in Ukraine: The Ukrainian Parliament, 1990–2003. Routledge, 2004 online edition Wilson, Andrew. Ukraine's Orange Revolution. (2005) Wilson, Andrew. The Ukrainians: Unexpected Nation. 2nd ed. 2002; online excerpts at Amazon Wolczuk, Roman. Ukraine's Foreign and Security Policy 1991–2000. (2002) excerpt and text search Zon, Hans van. The Political Economy of Independent Ukraine. 2000 online edition Ligazóns externas Liudmyla Shanghina, "UKRAINE IS NOT AMERICA", Razumkov "Yushchenko Won the Competition of Personalities", (Kuchma's 2005 interview), Vremia Novostey (Rusia) Korzh, H. Leonid Kuchma: Real biography of the second President of Ukraine .
Categoría:Nados na rexión de Chernihiv Categoría:Nados en 1938 Categoría:Presidentes de Ucraína Categoría:Primeiros ministros de Ucraína Categoría:Condecorados co colar da Orde do Mérito Civil Categoría:Premio Lenin