Galicia Sempre é un partido político local de Becerreá fundado por Manuel Martínez Núñez en 2019. Este era un militante histórico do PSdeG-PSOE que fora concelleiro de Becerreá e deputado provincial e que, na Deputación de Lugo, como voceiro do seu partido tivera múltiples enfrontamentos con Cacharro Pardo, o seu presidente.
En 2015, quixo optar á candidatura da presidencia da Deputación pero o seu partido optou por Darío Campos, alcalde da Pontenova, polo que el, primeiro votouse a si mesmo e despois en branco, facilitando o acceso á candidata do PP, Elena Candia.
Traxectoria Nas eleccións municipais de 2019 conseguiu a maioría absoluta no concello de Becerreá, acadando sete concelleiros, e ademais logrou candanseu concelleiro en Sarria e en Meira, quedando a tan só un voto de logralo en Burela. Os membros de GaS en Meira e Burela acabaron por integrarse no Partido Popular en abril e maio de 2022, respectivamente.
Nas municipais de 2023 formou parte da coalición Contamos.
Notas
Categoría:Partidos políticos de Galicia Categoría:Becerreá