Sonia Gandhi (de solteira Maino), nada en Lusiana (Vicenza) o 9 de decembro de 1946, é unha política india. Foi a presidenta do Congreso Nacional Indio, o partido segrar de centro-esquerda que gobernou a India durante máis tempo dende a súa independencia. Asumiu o liderado do partido en 1998, sete anos despois do asasinato do seu marido, Rajiv Gandhi, antigo primeiro ministro da India e continuou no cargo durante dezanove anos.
Nada nunha pequena localidade próxima a Vicenza, Gandhi foi criada nunha familia católica. Tras completar a súa educación privada en escolas locais, seguiu a súa educación superior en Cambridge, Inglaterra, onde coñeceu a Rajiv Gandhi, co que casou en 1968. Adoptou a cidadanía india e comezou a vivir coa súa sogra, a primeira ministra, Indira Gandhi, na súa residencia de Nova Deli. Sonia Gandhi, non obstante, mantívose fóra da esfera pública, mesmo durante os anos en que o seu home estivo no poder.
Despois do asasinato do seu marido, Gandhi foi convidada polos líderes do Congreso para encabezar o partido, mais declinouno. Aceptou entrar na política en 1997 despois de moita insistencia do partido; o ano seguinte foi candidata á presidencia do partido e elixida por diante de Jitendra Prasada. Baixo o seu liderado, o Congreso continuou a formou goberno despois das eleccións de 2004 en coalición con outros partidos políticos de centro-esquerdo. Gandhi está considerada instrumental na formulación da Alianza Progresista Unida (UPA), que foi reelixida para o poder nas eleccións de 2009. Gandhi rexeitou a xefatura despois da vitoria de 2004; en lugar diso liderou a alianza gobernante e o National Advisory Council.
Durante o transcurso da súa carreira, Gandhi presidiu os consellos recoñecidos pola formación e posterior posta en marcha de esquemas de desenvolvemento baseados nos dereitos como o dereito á información, a acta de seguridade alimentaria e a acta de garantía de emprego rural, mentres provocaba críticas relacionadas polo escándalo Bofors e o caso National Herald. O seu nacemento no estranxeiro tamén foi tema de debate e controversia. A activa participación de Gandhi na política comezou a reducirse durante a última metade da segunda lexislatura do goberno da UPA debido a motivos de saúde. Deixou a presidencia do Congreso en decembro de 2017, mais continuou a liderar o comité parlamentario do partido. Aínda que nunca tivo un posto no goberno da India, Gandhi foi descrita como unha das políticas máis poderosas do país e adoita ser listada entre as mulleres máis poderosas do mundo.
Vida persoal Sonia é a viúva de Rajiv Gandhi, fillo máis vello de Indira Gandhi. Sonia ten dous fillos, Rahul e Priyanka Gandhi.
En agosto de 2011, recibiu cirurxía con éxito para un cacro cervical nos Estados Unidos no Memorial Sloan–Kettering Cancer Center de Nova York. Volveu á India o 9 de setembro despois do seu tratamento. Falando o 18 de xullo de 2012 sobre se o seu fillo tería un papel máis importante no partido, dixo que era Rahul o que tiña que decidir.
Sonia Gandhi foi listada como unha das cincuenta mellor vestidas por riba de cincuenta anos por The Guardian en marzo de 2013. Segue a cita de estilo "simple é estiloso" e non mira máis aló do "innato sentido da moda" da súa sogra Indira Gandhi.
Notas
Referencias
Véxase tamén
Bibliografía S. R. et al. Vakshi (1998) Sonia Gandhi, The President of AICC South Asia Books. Rupa Chaterjee (1999) Sonia Gandhi: The Lady in Shadow Butala. C. Rupa, Rupa Chaterjee (2000) Sonia Mystique South Asia Books. Moro, Javier "El sari rojo" (Ed. Seix Barral, 2008) "Il sari rosso" (Il Saggiatore, 2009) Ligazóns externas Profile at Lok Sabha, Parliament of India Official page on Indian National Congress website
Categoría:Nados na provincia de Vicenza Categoría:Nados en 1946 Categoría:Membros do Lok Sabha