Edom ( ʼĔḏôm(tiberiano), Edom, «Vermello»; en asirio: Udumi; en siríaco: ܐܕܘܡ, ʼedōm) ou Idumea (, Idoumaía; ) era unha rexión do Levante mediterráneo, situada ao sur de Xudea e do mar Morto, e habitada tradicionalmente polo pobo semita dos edomitas ou idumeos.Tischler, All things in the Bible, páx. 186

A maior parte da información que se ten sobre este pobo provén da Biblia e a arqueoloxía. Orixinouse durante o Bronce Recente grazas ao cataclismo dos Pobos do Mar. Conta Estrabón que os idumeos eran nabateos segregados por disensións. Esta información tamén se pode deducir da Historia natural de Plinio o Vello.

Etimoloxía O termo hebreo (ʼĔḏôm) significa ‘vermello’, aplícase á cor vermella das lentellas que Xacob lle deu a tomar a Esaú, o seu irmán, a cambio da súa primoxenitura. A Biblia di ao respecto do nome: conta que Edom era un alcume de Esaú (nome que significa ‘peludo’), ao cal ademais lle preparou un «guiso vermello» ao seu irmán máis novo Xacob a cambio dos seus dereitos de primoxenitura. Polo devandito pacto Esaú trasladaríase á rexión que pasaría a chamarse Edom, concretamente ao monte Seir (que tamén significa ‘peludo’), para converterse no patriarca de todo o pobo edomita.

Xeografía Habitualmente se localiza a terra de Edom nas montañas ao leste do Uadi Aravá, na fronteira meridional de Xordania e Israel, estendéndose até o norte da Península de Arabia. Trátase dunha rexión montañosa e abrupta ao sueste do mar Morto.

A súa primeira capital foi Bozrah, aínda que logo Petra (Selah en hebreo) converteríase na principal praza forte.Tischler, All things in the Bible, p. 187 Outras cidades importantes foron Asiongaber e Eilat.

Historia miniatura|477x477px|Mapa do reino de Edom no seu período de máxima extensión, ao redor do 600 a. C. A área en vermello escuro mostra a fronteira aproximada da Idumea de época clásica. Os edomitas xa constituían algún tipo de pobo durante os séculos XII e XI a. C., época de que se acharon rastros da explotación de cobre e ferro. Desta época atopáronse asentamentos fortificados, que se comunicaban entre si utilizando sinais de lume.

A presenza asiria resultou beneficiosa para Edom tanto económica como politicamente, segundo suxiren as escavacións. Ao parecer, é durante esta época cando os edomitas se organizan como reino centralizado por primeira vez. Os séculos VIII a VI a. C. son unha época de apoxeo e poder, momento no que o reino alcanza a súa maior extensión.

Tras a conquista babilonia de Xudea, os edomitas asentáronse cada vez máis ao norte, desprazados polos nabateos ao sur, que tomaron o control de boa parte do antigo reino de Edom e estableceron a súa capital en Petra.Tischler, All things in the Bible, p. 188 Prosperaron no sur de Canaán ata que foron derrotados por Xudas Macabeo (163 a. C.) e Xoán Hircano (ca. 125 a. C.). Este último obrigounos a adoptar os costumes e relixión dos xudeus. Tras as conquistas de Pompeio incorporáronse á provincia de Xudea, que pasou a estar gobernada pola dinastía idumea dos herodianos. Segundo Flavio Xosefo, uns 20 000 idumeos tomaron partido xunto cos celotes na defensa de Xerusalén durante o asedio romano do ano 70 d. C. Esta é unha das últimas mencións históricas aos idumeos como pobo.

Cultura

Idioma O idioma edomita estaba estreitamente relacionado co hebreo bíblico, até o punto de considerarse unha variedade dialectal. O idioma edomita coñécese só por un pequeno corpus, maiormente formado por breves inscricións e ostraca. Escribíase mediante unha variante do alfabeto fenicio até o século VI a. C., cando pasou a escribirse co alfabeto arameo.

Literatura Especulouse con que o libro de Xob, o primeiro dos libros sapienciais da Biblia, se escribise ou polo menos que se orixinase na cultura edomita.

Notas

Bibliografía

Véxase tamén

Herodes I o Grande Relixión cananea

Categoría:Historia de Palestina