Gary Player, nado en Xohanesburgo o 1 de novembro de 1935 é un golfista profesional surafricano retirado, considerado un dos mellores da historia. Durante a súa carreira, Player gañou nove campionatos do tour regular e outros nove do Champions Tour. Aos vinte e nove anos, Player gañou o U.S. Open de 1965, converténdose no único non estadounidense que gañou os catro grandes torneos, coñecidos como o Grand Slam. Nese momento, foi o xogador máis novo en logralo, aínda que posteriormente Jack Nicklaus (24 anos) e Tiger Woods (tamén 24) superaron a marca. Player foi só o terceiro golfista da historia que gañou o Grand Slam, despois de Ben Hogan e Gene Sarazen, e só Nicklaus e Woods o lograron despois. Player gañou 165 torneos en seis continentes durante seis décadas e foi introducido no World Golf Hall of Fame de 1974.

Alcumado Black Knight, Mr. Fitness e International Ambassador of Golf, Player é tamén un recoñecido deseñador de campos de golf con máis de catrocentos proxectos de deseño en cinco continentes. Escribiu o coescribiu trinta e seis libros sobre golf.

Legado En 2000, Player foi votado "Deportista do século" en Suráfrica. En 1966 recibiu o premio Bob Jones, o máis alto honor outorgado pola United States Golf Association en recoñecemento da súa deportividade no golf. Foi incluíndo no World Golf Hall of Fame en 1974. A exposición "Gary Player – A Global Journey" foi lanzada polo salón da fama en marzo de 2006.

En 2000, a revista Golf Digest listouno como o oitavo mellor golfista de todos os tempos.

O 10 de abril de 2009, xogou por última vez nos Masters, nos que participou un récord de 52 veces, cada ano dende 1957, agás en 1973, en que estaba a recuperarse dunha cirurxía. Despois de Nicklaus e Palmer, foi o último dos Big Three en retirarse deste torneo, o que supón un testemuño da súa lonxevidade.

Aos 73 anos, o 23 de xullo de 2009, Player competiu no Senior British Open Championship de Sunningdale Golf Club, 53 anos despois de lograr a súa primeira vitoria do European Tour victory en Berkshire.

Augusta National Golf Club e os Masters anunciaron o 5 de xullo de 2011 que Player fora invitado a unirse a Jack Nicklaus e Arnold Palmer como iniciadores. O Big Three reuniuse para comezar o torneo de 2012.

En xullo de 2013, converteuse no deportista de maior idade que posou nu no número anual "Body Issue" da revista ESPN para inspirar a xente a seguir coidándose durante a vida independentemente da súa idade.

Deseño de campos Gary Player Design executou máis de catrocentos proxectos en trinta e seis países de cinco continentes. A compañía ofrece tres empresas diferentes de deseño: Gary Player Design, Player Design e Black Knight Design.

Cando o golf foi aceptado para os Xogos Olímpicos de 2016 en Río de Xaneiro, Gary Player Design foi seleccionada entre as finalistas para o deseño en decembro de 2011.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Gary Player Profile at Golf Legends Gary Player Golf Course Design Gary Player Foundation

Categoría:Nados en Xohanesburgo Categoría:Nados en 1935 Categoría:Golfistas de Suráfrica