Lars Eidinger, nado en Berlín o 21 de xaneiro de 1976, é un actor alemán.
Traxectoria miniatura|Lars Eidinger no Festival de Cinema de Berlín de 2014 miniatura|Interpretando ao tsar Nicolao II no filme ruso Matilda Fillo dunha enfermeira pediátrica e dun enxeñeiro, xa de neno tiráballe a interpretación e participou no programa infantil Moskito da SFB e máis adiante actuou en pezas teatrais no institutoMatthias Heine Das ewige Nesthäkchen am Lehniner Platz.Die Welt, 30 de outubro de 2004. De 1995 ata 1999 estudou arte dramática na Hochschule für Schauspielkunst "Ernst Busch" a canda Devid Striesow, Nina Hoss, Mark Waschke e Fritzi Haberlandt, como actor convidado actuou xa antes de rematar a carreira no Deutsches Theater de Berlín dende a tempada 1997/98., participando en producións de Jürgen Gosch e Wolfgang Engel. No ano 2000 entrou na compañía teatral Schaubühne am Lehniner Platz, e participou en numerosas obras teatrais como Edward II, Macbeth, Woyzeck ou Nora e en case todas as producións deses anos dos prestixiosos directores Thomas Ostermeier e Christina Paulhofer, converténdose nun dos actores máis influentes do teatro. En decembro de 2008 debutou como director teatral coa obra de Schillers Die Räuber interpretada por estudantes da "Ernst Busch" e coa que participou no festival Radical jung do ano seguinte.
Despois de aparecer esporadicamente nalgunhas producións cinematográficas e televisivas, en 2009 tivo o seu primeiro papel protagonista no galardoado Alle Anderen de Maren Ade, seguido da produción neerlandesa Code Blue de Urszula Antoniak (2011), o suspense apocalíptico Hell de Tim Fehlbaum (2011) e Tabu - Es ist die Seele en Fremdes auf Erden de Christoph Stark (2011), no que interpretou o poeta austríaco Georg Trakl polo que recibiu o premio da asociación alemá de críticos de cinema .
Nos anos seguintes continuou a realizar producións teatrais, así como de cinema e televisión, salientando filmes como Clouds of Sils Maria (2014) e Personal Shopper (2016) de Olivier Assayas, Vergine giurata de Laura Bispuri (2015) e series como Polizeiruf 110, Tatort e Babylon Berlin. Coa compañía Schaubühne participou en moitas producións, aclamadas internacionalmente, de Thomas Ostermeier, como Hamlet e Richard III .
En 2016 formou parte do xurado internacional da 66ª edición do Festivalde Berlín e nese ano recibiu o Deutscher Hörbuchpreis ao mellor lector pola versión en lingua alemá do audiolibro de The Planet Trillaphon As It Stands In Relation To the Bad Thing de David Foster Wallace .
Música Mentres aínda estaba a estudar publicou en 1998 con Studio 54 de !K7 o vinilo "I'll Break Ya Legg" de música electrónica "Eidinger – I'll Break Ya Legg". Discogs, parte apareceu máis tarde na compilación Fragments do selo no.nine. En 1999 produciu a música para o documental de Ernst-August Zurborn Die Mörder des Herrn Müller realizado para a canle Arte e tamén foi responsable da música de varias pezas dirixidas por Ostermeier: Nora, Der Würgeengel e Trauer muss Elektra tragen.
Filmografía See You at Regis Debray de CS Leigh (2005) Deutschland deine Lieder de Daniel Lang (2007) - Curtametraxe After Effect, de Stephan Geene (2007) Torpedo de Helene Hegemann (2008) - Curtametraxe Alle Anderen de Maren Ade (2009) Wanna Be de Christina Ebelt (2009) - Curtametraxe Nasty Video de Jörg Buttgereit (2011) Code Blue de Urszula Antoniak (2011) Tabu - Es ist die Seele ein Fremdes auf Erden de Christoph Stark (2011) Hell de Tim Fehlbaum (2011) Fenster zum Sommer de Henk Handloegten (2011) Was bleibt de Hans-Christian Schmid (2012) Goltzius and the Pelican Company de Peter Greenaway (2012) Clouds of Sils Maria de Olivier Assayas (2014) Lars & Jonathan: A Berlin Friendship de Amy Barrett (2014) Dora oder Die sexuellen Neurosen unserer Eltern de Stina Werenfels (2015) Vergine giurata de Laura Bispuri (2015) Elixir de Brodie Higgs (2015) Familienfest de Lars Kraume (2015) Personal Shopper de Olivier Assayas (2016) L'origine de la violence de Élie Chouraqui (2016) Die Blumen von gestern de Chris Kraus (2016) Maryline de Guillaume Gallienne (2017) Matilda de Alexei Uchitel (2017) Werk ohne Autor de Florian Henckel von Donnersmarck (2018) High Life de Claire Denis (2018) 25 km/h de Markus Goller (2018) Dumbo de Tim Burton (2019) All My Loving
Teatro
Zurüstungen für die Unsterblichkeit de Peter Handke - 1997 Die Jungfrau von Orléans de Friedrich Schiller - 1998 Penthesilea de Heinrich von Kleist - 1998 Edward II de Christopher Marlowe - 1999 Vor langer Zeit im Mai de Roland Schimmelpfennig - 2000 Kontingent de Soeren Voima - 2000 Die Unbekannte aus der Seine de Ödön von Horváth - 2000 Herr Kolpert de David Gieselmann - 2000 Dantons Tod de Georg Büchner - 2001 Push up 1–3 de Roland Schimmelpfennig - 2001 Goldene Zeiten de Richard Dresser - 2002 Macbeth de William Shakespeare - 2002 Nora de Henrik Ibsen - 2002-2006 Der Würgeengel de Karst Woudstra - 2003 Lulu de Alban Berg - 2003 Phaidras Liebe e Sarah Kane - 2003 Suburban Motel de George F. Walker - 2003 Woyzeck de Georg Büchner - 2003 Die Herzogin von Malfi de John Webster - 2004 Gesäubert de Sarah Kane - 2004-2006
Die Dummheit de Rafael Spregelburd - 2005 Troilus und Cressida de W. Shakespeare - 2005 Verstörung, de Thomas Bernhard - 2005 Hedda Gabler de Henrik Ibsen - 2005-2012 Ein Sommernachtstraum de W. Shakespeare - 2006 Der Häßliche de Marius von Mayenburg - 2007 Hamlet de W. Shakespeare - 2008-2012 Endstation Sehnsucht de Tennessee Williams - 2009 Was kann eine gute stehende Schaubühne eigentlich bewirken? de Patrick Wengenroth - 2009 Dämonen de Lars Norén - 2010-2012 Der Menschenfeind de Molière - 2010-2012 Maß für Maß de W. Shakespeare - 2011-2012 Soll mir lieber Goya den Schlaf rauben als irgendein Arschloch de Rodrigo García - 2011-2012 Tartuffe de Molière - 2013 Richard III de W. Shakespeare - 2015
Notas
Categoría:Nados en Berlín Categoría:Nados en 1976 Categoría:Actores de cinema de Alemaña Categoría:Actores de teatro de Alemaña