miniatura|300px|Alnwick, co castelo de Alnwick en primeiro plano.
Alnwick (pronunciado ) é unha pequena cidade de mercado (market town) do norte de Northumberland, ao noroeste de Inglaterra. A cidade encóntrase na beira sur do río Aln, a 51 km ao sur de Berwick upon Tweed e da fronteira escocesa, a 8 km no interior desde o mar do Norte en Alnmouth e a 55 km ao norte de Newcastle upon Tyne.
É a capital do condado de Northumberland, aínda que o County council (a corporación administrativa elixida que goberna o condado) está na vila de Morpeth,O County Council de Northumberland trasladouse de Newcastle upon Tyne a Morpeth o 21 de abril de 1981 (ver a nova aquí ). que, segundo o censo do ano 2011, tiña unha poboación de 14 018 habitantes.
Alnwick foi o centro administrativo do distrito de Alnwick até 2009. Segundo o censo de 2011 tiña unha poboación de 8 116 habitantes.
A súa historia remóntase á Idade Media e hoxe en día aínda podemos ver o castelo de Alnwick.
Notas
Categoría:Cidades de Inglaterra