Margarita María Cedeño Lizardo, nada o 1 de maio de 1965, máis coñecida como Margarita Cedeño de Fernández polo seu casamento con Leonel Fernández, é unha política e avogada dominicana. É a vicepresidenta da República Dominicana. Foi a primeira dama da República Dominicana dende 2004 até 2012.
Vicepresidencia
O 24 de marzo de 2012 renunciou ó seu cargo como Primeira Dama a través da rede social Twitter logo de que varias organizacións llo solicitaran por estar a facer proselitismo político e ser candidata á vicepresidencia.Listín Diario Primera dama anuncia que toma licencia por candidatura vicepresidencial Data de acceso: 12 de xuño de 2012.
Margarita Cedeño de Fernández, xunto a Danilo Medina, foron declarados gañadores das eleccións presidenciais de 2012 o 28 de maio de 2012, 8 días despois dos comicios.Listín Diario La JCE declara ganadores a Danilo y Margarita Data de acceso: 12 de xuño de 2012. Tomaron xuramento o 16 de agosto do 2012.
É a segunda muller en acadar o segundo maior posto político da República Dominicana; a primeira en logralo foi Milagros Ortiz Bosch, quen ocupou o cargo durante o período 2000-2004.
Notas
Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Santo Domingo Categoría:Políticos da República Dominicana Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Vicepresidentes da República Dominicana