Bamburgh é unha vila e parroquia civil, na costa de Northumberland, Inglaterra.

No ano 2001 tiña unha poboación de 454 habitantes, que se reduciu a 414 no censo de 2011.

Importancia do lugar A parroquia é notábel por dúas razóns: o impoñente castelo de Bamburgh, con vistas á praia, que foi asede dos antigos reis de Northumbria, e a súa asociación coa heroína vitoriana Grace Darling, que está enterrada alí. Así mesmo está enterrado no seu cemiterio o ornitólogo, botánico e ilustrador Prideaux John Selby (1788-1867), que faleceu nesta vila.Mullens, W. H. & Swann, H. (1917): Mullens and Swann's Bibliography of British Ornithology. London: Macmillan.

A súa extensa praia de area fina recibiu a Bandeira Azul en 2005. As dunas de Bamburgh, consideradas Sitio de Especial Interese Científico, están detrás da praia. Bamburgh é un lugar moi popular entre os turistas, e está situado dentro da área costeira de Northumberland, declarada Área de Destacada Beleza Natural.

Historia O lugar que hoxe ocupa o castelo de Bamburgh foi na antigüidade un castro (hillfort) dos celtas britanos, coñecido como Din Guarie, e pode que fora a capital do reino de Bernicia, o reino dos Gododdin,'An English empire: Bede and the early Anglo-Saxon kings' by N. J. Higham, Manchester University Press ND, 1995, , dende a fundación do reino contra 420 até 547, ano en que aparece a primeira referencia escrita do castelo. Nese ano a cidadela foi con quistada polos anglosaxóns gobernados por Ida de Bernicia (Beornice) conveténdose na residencia de Ida.The Anglo-Saxon Chronicle, entrada 547.

O autor británico tardomedieval Thomas Malory identificou o castelo de Bamburgh con Joyous Gard, o mítico castelo de Sir Lancelot da lenda do rei Artur e os cabaleiros da mesa redonda.

Bamburgh tamén aparece na serie de videoxogos de mundo aberto Forza Horizon 4 que se publicou en outubro de 2018.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Fotos de Bamburgh Historia local e información sobre Bamburgh, as illas Farne e os seus aredores . Bamburgh Attractions . Bamburg en Genuki . Bamburgh en Northumberland Communities .

Categoría:Antigas capitais Categoría:Cidades de Inglaterra