Joaquim Botet i Sisó, nado en Xirona en 1846 e finado na mesma cidade o 27 de xaneiro de 1917, foi un arqueólogo, numismático e historiador catalán."Joaquim Botet i Sisó". En Gran Enciclopedia Catalana. L'Enciclopèdia.cat.Crusafont i Sabater, M. (1997). "Vida i obra de J. Botet i Sisó". Páxinas 11-48.J. N. F. (1976).Morató i Grau, J. (1917). “En Joaquim Botet i Sisó”. En La Il·lustració Catalana. Nº 714. Páxina 90.
Traxectoria A familia Botet proviña de Lloret de Mar e a mediados do século XIX instalouse en Xirona. Tratábase dunha familia de comerciantes cunha certa tradición militar. Os seus pais, Climent Botet i Franquesa e Dolors Sisó i Rovira, tiveron outros catro fillos ademais de Joaquim.Crusafont i Sabater, M. (1997). Páxinas 11-12.
Joaquim estudou Dereito na Universidade de Barcelona, onde se moveu en ambientes catalanistas e recibiu esta influencia de parte dos seus profesores. Ao rematar a súa carreira decidiu non exercer o dereito senón dedicarse e a iniciativas cívicas, así como á difusión do patrimonio xerundense.Quer i Carbonell, J. (1998)."Joaquim Botet i Sisó". En El Punt Avui. 22 de outubro de 2009.
Foi o editor das revistas Lo Geronès e La Renaixença, de Barcelona. Botet chegou a ter moito recoñecemento no eido académico: presidiu a Asociación Literaria de Xirona e foi académico da Real Academia das Boas Letras de Barcelona e académico correspondente da Real Academia da Historia, de Madrid.
Colaborou ademais na Revista de Girona, en Lo Rat Penat, en La Gramalla, en L'Avenç e en La Ilustració Catalana. En 1879 publicou unha monografía sobre Empúries, un dos primeiros traballos modernos de importancia sobre arqueoloxía e numismática de Cataluña.
En 1894 fundou o primeiro Centro Catalanista de Xirona.
No terreo político, foi alcalde de Xirona entre 1894 e 1897 e deputado provincial entre 1881 e 1888. Tamén foi xuíz municipal (1882-1883), conservador do Museo Provincial (1896-1904) e tesoureiro de Unió Catalanista en 1898.
Recoñecementos
(1875): premio da Real Academia da Historia, pola monografía sobre Empúries, publicada en 1879.Crusafont i Sabater, M. (1997). Páxina 26. (1907): premio Martorell, do Instituto de Estudos Cataláns, pola súa obra Les monedes catalanes, publicada entre 1908 e 1911.Crusafont i Sabater, M. (1997). Páxina 40.
Publicacións
Estudos historiográficos Recóllense aquí as monografías da súa autoría. Os numerosísimos artigos en revistas especializadas foron indexados por Miquel Crusafont i Sabater.Crusafont i Sabater, M. (1997). "Bibliografia general de J. Botet i Sisó". Páxinas 45-62."Botet y Sisó, Joaquim 1848-1917". En WorldCat.
(1879): Empúries: Noticia histórico-arqueológica de Emporion. (1890): Condado de Gerona. Los condes beneficiarios. (1895): Sarcófagos romano-cristianos esculturados que se conservan en Cataluña. (1905-1909): Cartoral de Carlemany. (1908-1918): Provincia de Gerona. Volume V da colección Geografia General de Catalunya, dirixida por Carreras i Candi.Baig i Aleu, M. (2002).
Estudos numismáticos
(1908-1911): Les monedes catalanes. Os artigos relativos á numismática publicados en diversas revistas do sector foron recollidos por Miquel Crusafont i Sabater no volume Obra numismàtica esparsa i inèdita de Joaquim Botet i Sisó, publicado en 1997 (ver referencia completa máis abaixo, na sección "Bibliografía").
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Baig i Aleu, M. (2002). Joaquim Botet i Sisó les il·lustracions del volum Provincia de Gerona. En Revista de Girona. Nº 210. Páxinas 42-47. ISSN 0211-2663 Crusafont i Sabater, M. (1997). Obra numismàtica esparsa i inèdita de Joaquim Botet i Sisó. Societat Catalana d'Estudis Numismàtics. Institut d'Estudis Catalans. ISBN 9788472833791 J. N. F. (1976). "Joaquim Botet i Sisó (Girona, 1846-1917)". En Revista de Girona. Fascículo III. Páxinas 197-201. Quer i Carbonell, J. (1998). Joaquim Botet i Sisó, del catalanisme al nacionalisme. Columna edicions. ISBN 8483005689
Categoría:Nados en Xirona Categoría:Nados en 1846 Categoría:Numismáticos de Cataluña Categoría:Historiadores de Cataluña Categoría:Arqueólogos de España Categoría:Personalidades de Cataluña Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Personalidades sen imaxes