O poder de Amabel é un libro infantil escrito por Érica Esmorís e publicado por Sushi Books, selo editorial de Rinoceronte Editora no ano 2013. No 2015, O poder de Amabel foi adaptada ó teatro pola compañía Pérez&Fernández, nun espectáculo de monicreques con dirección de Xosé Leis e Victoria Pérez.

A novela conta con versións traducidas ó castelán, ó catalán e ó éuscaro.

Sinopse Amabel é unha nena cuxa familia é moi especial, xa que tódolos seus membros teñen superpoderes. Porén, Amabel aínda non sabe cal é a súa grande habilidade.

Notas

Categoría:Obras literarias de 2013 Categoría:Novelas en galego Categoría:Rinoceronte Editora