Roy J. Plunkett, nado en New Carlisle (Ohio) o 26 de xuño de 1910 e finado en Corpus Christi (Texas) o 12 de maio de 1994, foi un químico estadounidense. Descubriu o politetrafluoroetileno (PTFE), é dicir, o teflón en 1938.

Traxectoria Primeiro anos e educación Plunkett naceu en New Carlisle, Ohio, e asistiu ao Newton High School en Pleasant Hill, Ohio.

Graduouse pola Universidade de Manchester cun B.A. en química en 1932. Recibiu o seu doutoramento en química en 1936 pola Universidade Estatal de Ohio co seu traballo The Mechanism of Carbohydrate Oxidation.Plunkett, RJ; Evans, WL JOURNAL OF THE AMERICAN CHEMICAL SOCIETY 60 1938 2847-2852 DOI: 10.1021/ja01279a007 ).

Carreira miniatura|Cuberta termal de teflón con impactos do NASA Ultra Heavy Cosmic Ray Experiment (UHCRE) En 1936, foi contratado como químico investigador do E.I. du Pont de Nemours and Company no seu laboratorio Jackson Laboratory de Deepwater, New Jersey.

O descubrimento do teflón está ben descrito polas propias palabras de Plunkett:Plunkett, RJ The History of Polytetrafluoroethylene: Discovery and Development, pages 261-266 in "High Performance Polymers: Their Origin and Development. Proceedings of the Symposium on the History of High Performance Polymers at the American Chemical Society Meeting held in New York, April 15–18, 1986." Seymour RB and Kirshenbaum GS, Editors, Elsevier, Nova York, 1986.

Plunkett contou máis adiante que os cilindros de TFE que estaban a ser empregados contiñan arredor de 1 kg cada un, co que serían cilintros de tamaño relativamente pequenos, non grandes. O tetrafluoroetileno no colector polimerizara en politetrafluoroetileno, un sólido ceroso con propiedades sorprendentes como a resistencia á corrosión, fricción superficial baixa e alta resistencia á calor. Plunket contou a historia do seu descubrimento accidental na reunión de primavera da American Chemical Society na sección de historia da química en abril de 1986 en Nova York, e foi publicada nas actas do simposio.

Foi o químico xefe involucrado na produción do tetraetilo de chumbo, aditivo da gasolina no DuPont's Chambers Works entre 1939 e 1952. Tras iso, dirixiu a produción de Freon en DuPont antes de xubilarse en 1975.

Plunkett faleceu de cancro o 12 de maio de 1994 na súa casa de Texas aos 83 anos.

Premios Plunkett recibiu a medalla John Scott da cidade de Filadelfia en 1951, pola invención que promove a "comodidad, benestar e felicidade do ser humano". Os asistentes recibiron unha lata de muffin recuberta de teflón para levar á casa. A este seguírono outros premios e honras. Plunkett foi incluído no Plastics Hall of Fame en 1973 e no National Inventors Hall of Fame en 1985.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados no condado de Clark, Ohio Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1994 Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:Finados por cancro