Jago Geerts, nado en Balen o 21 de abril de 2000, é un piloto belga de motocrós .

Carreira En 2015, Geerts comezou a competir no Campionato Europeo de 125cc, con KTM. Despois de perderse o comezo da tempada por lesión, fíxose cun segundo posto en Bélxica e conseguiu vitoria nos Países Baixos. Quedou 11º na clasificación final. En 2016, proclamouse campión europeo de 125cc con máis de cen puntos de vantaxe sobre o segundo, o francés Stephen Rubini. Dos oito Grandes Premios gañou tres, quedou tres veces segundo e dúas veces terceiro.

En 2017 Geerts participou no Campionato Europeo MX2. Subiu dúas veces ao podio e finalizou sétimo no campionato. Nese ano tamén tivo algunha participación no Campionato Mundial de Motocrós, no que acabou con 49 puntos na clasificación final.

En 2018, xa correu a tempo completo no Campionato Mundial MX2 con Yamaha, baixo a dirección de Marnicq Bervoets. Conseguiu subir ao podio no Gran Premio de Letonia, por detrás de Thomas Kjær Olsen e finalizou a tempada en 10ª posición.

Na tempada 2019 do Mundial, conseguiu o terceiro posto nos Países Baixos e Rusia e catro segundos postos en Trentino, Francia, Letonia e Turquía, todos eles por detrás de Jorge Prado. Rematou o campionato como terceiro clasificado.

Notas

Categoría:Nados en 2000 Categoría:Pilotos de motocrós de Bélxica