Mónica Fernández Bugallo, nada en Ferrol en 1975, é unha enxeñeira galega.

Traxectoria Doutorouse na Universidade da Coruña en 2001. É profesora de comunicación dixital e procesamento do sinal do Departamento de Enxeñaría Eléctrica e Informática da Universidade de Stony Brook, en Nova York e directora do programa Mulleres na Ciencia e a Enxeñaría.

Premios e recoñecementos En 2019 recibe o Premio Ada Byron do CPEIG.

Notas

Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Enxeñeiros informáticos