Estiu 1993 é un filme catalán de 2017 dirixido por Carla Simón. O filme rodouse en diversas poboacións de La Garrotxa no verán de 2016. Trátase da primeira longametraxe da directora barcelonesa e está inspirada na súa propia experiencia. O filme estreouse na 67ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín, onde gañou o premio GWFF ó mellor filme debut. Foi escollido como candidato de España para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 90ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse Despois de que os seus pais morresen de SIDA, Frida (interpretada por Laia Artigas), unha nena de 6 anos, deixa Barcelona e vai vivir ó campo cos seus tíos e a filla deles, Anna (interpretada por Paula Robles), unha nena de 3 anos. Frida afrontará o seu primeiro verán coa nova familia adoptiva e a nova contorna rural ó que terá que adaptarse. Durante o verán de 1993, Frida aprenderá a aceptar a súa pena e a súa dor e os seus pais adoptivos aprenderán a querela como a súa propia filla.Estiu 1993 en Allociné

Personaxes Laia Artigas como Frida Paula Blanco como Cesca Etna Campillo como Irene Bruna Cusí como Marga Jordi Figueras como Blai David Verdaguer como Esteve

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 90ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua catalá Categoría:Filmes de Cataluña Categoría:Filmes dirixidos por Carla Simón Categoría:Filmes ambientados en 1993