Craig Santos Perez, nado en Mongmong-Toto-Maite o 6 de febreiro de 1980, é un escritor e profesor estadounidense de ascendencia chamorra.

Traxectoria Nado nun contexto bilingüe en Guam, en 1995 mudouse coa súa familia a California. A través da poesía mantivo o contacto coa súa herdanza cultural chamorra. É profesor asociado de literatura pacífica e escritura creativa na Universidade de Hawaiʻi en Mānoa. En 2011, canda a Brandy Nālani McDougall, fundou a editorial Ala Press, especializada na literatura e cultura das illas do océano Pacífico.

Poesía En 2008 comezou a publicación da súa serie de obras interconectadas, from unincorporated territory, co seu primeiro poemario, hacha. A súa poesía céntrase na vida no Pacífico, na inmigración aos Estados Unidos de América, na historia colonial das Illas do Pacífico, e nas diversas diásporas dos seus habitantes.

Obra Poesía Constellations gathered along the ecliptic (2007) from unincorporated territory [hacha] (2008) from unincorporated territory [saina] (2010) from unincorporated territory [guma'] (2014) from unincorporated territory [lukao] (2017)

En antoloxías Ghost Fishing: An Eco-Justice Poetry Anthology. Ed. Melissa Tuckey. University of Georgia Press (2018). Native Voices: Indigenous American Poetry, Craft and Conversations. Eds. Cmarie Fuhrman e Dean Rader. Tupelo Press (2019).

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Guam Categoría:Escritores de Guam Categoría:Escritores en lingua chamorra Categoría:Escritores en lingua inglesa