José Díaz Lobelos, coñecido como José de Xan de Siso, nado en Fisterra o 19 de maio de 1911, e finado na Arxentina en 2002, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria Mecánico naval, navegou na mariña mercante como primeiro maquinista. Membro do Sindicato de Oficios Varios da UGT, en 1936 foi nomeado concelleiro de Fisterra. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e estivo preso en Corcubión. Foi multado con 250 ptas en agosto de 1936. Fuxiu co seu irmán Juan no pesqueiro Cabo Finisterre o 18 de decembro de 1936 logrando chegar a Asturias, desembarcando en San Esteban de Pravia. Alí combateu no exército leal. Foi xulgado en Ferrol e declarado en rebeldía. Exiliouse en Francia. Por medio da Cruz Vermella Internacional puido trasladarse coa súa familia á Arxentina como refuxiado en 1950. Un ano despois reclamou o seu irmán Juan.

Véxase tamén Bibliografía Ficha no Repertorio biobibliográfico do exilio galego

Outros artigos Juan Díaz Lobelos Ligazóns externas Juan y José Lobelos, los dos escapados de Fisterra en el 36 Y al regresar de viejo a Fisterra dijo: «Pepe, tú para España ya no eres nadie»

Categoría:Concelleiros de Fisterra Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Fisterra Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 2002 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes