Ángel Antonio Rama Facal, nado en Montevideo o 30 de abril de 1926 e finado en Madrid o 27 de novembro de 1983, foi un escritor uruguaio considerado un dos principais ensaístas e críticos latinoamericanos.

Traxectoria

Era o segundo fillo dunha parella de emigrantes galegos, Manuel Rama e Carolina Facal, naturais de Cores (Ponteceso) e Traba (Coristanco), respectivamente.. O seu pai abandonou España para evitar o servizo militar.Peyrou 39 O seu irmán máis vello foi o historiador, sociólogo, avogado, xornalista e profesor Carlos Manuel Rama.

Obra

A súa obra refírese a literatura proveniente de practicamente todas as rexións do continente americano así como de diferentes períodos históricos. "En ese sentido [...] pensó e imaginó la cultura de los países latinoamericanos como una totalidad."Achugar, "Prólogo". Rama foi membro da chamada «Generación del 45» o «Generación Crítica».Migdal, "Ángel Rama, Un Uruguayo Renacentista". Tres dos seus libros de crítica literaria máis importantes son Rubén Darío y el modernismo (1970), Transculturación narrativa en América Latina (1982), e La ciudad letrada (1984).

Faleceu xunto á súa esposa Marta no accidente do Voo 011 de Avianca, cando se dirixía ao Primeiro Encontro da Cultura Hispanoamericana en Bogotá. No accidente, acontecido no Aeroporto de Madrid-Barajas faleceron tamén os escritores Jorge Ibargüengoitia e Manuel Scorza, e a pianista catalá Rosa Sabater.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Achugar, Hugo. "Prólogo" a La ciudad letrada. Ediciones del Norte, 1984. Peyrou, Rosario (ed). Ángel Rama: explorador de la cultura. Montevideo: Centro Cultural de España en Montevideo, 2010.

Ligazóns externas Migdal, Alicia Ángel Rama, Un Uruguayo Renacentista

Categoría:Escritores do Uruguai Categoría:Uruguaios de ascendencia galega Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Finados en accidente aéreo