Teófilo Forero Castro, nado en Natagaima, Tolima en 1937 e finado en Bogotá o 27 de febreiro de 1989, foi un obreiro metalúrxico, dirixente sindical e comunista colombiano, fundador da Confederación Sindical de Traballadores de Colombia (CSTC). Foi asasinado en 1989.

Traxectoria Naceu en Natagaima, Tolima, nunha familia labrega. Tivo tres fillos. Marchou a Bogotá fuxindo da violencia e converteuse en obreiro, posteriormente dirixente do sindicato de Talleres Centrais.

Militante do Partido Comunista Colombiano (PCC) dende a década de 1950, ingresou durante a ditadura de Gustavo Rojas Pinilla, na cal o Partido actuaba na clandestinidade.

En 1964 foi fundador da Confederación Sindical de Traballadores de Colombia (CSTC) formando parte do seu primeiro comité confederal.

Contribuíu á fundación da Federación Sindical de Traballadores de Cundinamarca (Festrac), da cal foi o seu presidente.

Foi concelleiro de Bogotá durante varios períodos, posición á que o levou o movemento sindical e popular. Tamén exerceu en varias ocasións como deputado da Asemblea Departamental de Cundinamarca.

Morte Teófilo Forero foi asasinado o 27 de febreiro de 1989 en compaña da súa esposa Leonilde Moura, do dirixente do PCC Antonio Sotelo e do condutor do vehículo no que se desprazaban, José Antonio Toscano.

Trala súa morte foi fundado a Fronte 55 Teófilo Forero do Bloque Oriental das FARC-EP.

Notas

Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Sindicalistas de Colombia Categoría:Personalidades sen imaxes