José Candal Bouzas, nado en Ardemil (Ordes) cara a 1907 e finado no mesmo lugar o 20 de novembro de 1990, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Domiciliado nas Mámoas (Ardemil). Militou nas Juventudes Socialistas durante a República. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu na casa nos primeiros momentos, intentando pasar inadvertido para salvar a vida. Botou unha tempada agochado. Enlace da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, foi detido o 7 de agosto de 1947, despois da caída de Manuel Ponte Pedreira. Levárono ao cuartel da Garda Civil de Ordes canda José Ríos Gómez onde foi torturado. Finou nas Mámoas o 20 de novembro de 1990, aos 83 anos.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 21-11-1990, p, 64.

Vida persoal

Foi pai de José e Manuel Candal Gómez. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Ordes Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1990 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes