Yaa Gyasi, nada en Mampong en 1989, é unha escritora ghanesa e estadounidense.

Traxectoria

dereita|miniatura|Presentación de Homegoing. É filla de Kwaku Gyasi, profesor de Francés na Universidade de Alabama en Huntsville, e Sophia, enfermeira. A súa familia mudouse aos Estados Unidos en 1991 cando o seu pai completou o seu doutoramento na Universidade do Estado de Ohio. A familia viviu tamén en Illinois e Tennessee, e desde os dez anos Gyasi creceu en Huntsville (Alabama).

Gyasi lembra ser tímida de nena, sentirse próxima aos seus irmáns polas experiencias compartidas como nenos inmigrantes en Alabama, e recorrer aos libros como os seus "mellores amigos". Recibiu un certificado de méritos da man de LeVar Burton logo enviar o seu primeiro relato ao concurso Reading Rainbow para novos creadores e ilustradores, e aos dezasete anos, logo de ler Song of Solomon de Toni Morrison mentres asistía ao instituto Grissom, decidiuse a ser escritora.

Gradououse en Lingua e literatura inglesas pola Universidade de Stanford. Despois de rematar a carreira comezou a escribir a súa primeira novela e empezou a traballar nunha empresa emerxente en San Francisco, pero deixouno e marchou facer un mestrado en Belas artes no Obradoiro de Escritores de Iowa, un programa creativo de escritura da Universidade de Iowa. En 2016, vivía en Berkeley, California.

A súa primeira novela, Homegoing, está inspirada nunha viaxe a Ghana que fixo en 2009, a primeira vez que viaxaba fóra dos Estados Unidos desde que era nena. A obra foi rematada en 2015, e despois de prsentala a varios editores, tivo diversas propostas até que aceptou unha oferta millonaria de Alfred A. Knopf. Ta-Nehisi Coates seleccionou Homegoing para o premio "5 menos de 35" da National Book Foundation en 2016, e a novela recibiu varios premios máis..

Escribiu en publicacións como African American Review,<ref>AAR African American Review.</ref> Callaloo,"Yaa Gyasi", National Book Festival, Library of Congress. GuernicaYaa Gyasi, "Inscape", Guernica, 15 de xuño de 2015. The Guardian, ou Granta.

Gyasi cita Toni Morrison (Song of Solomon), Gabriel García Márquez (Cien años de soledad), James Baldwin (Go Tell It on the Mountain), Edward P. Jones (Lost in the City), e Jhumpa Lahiri (Unaccustomed Earth) como inspiracións.

Obra Homegoing (2016)

Recoñecementos Premio Nacional John Leonard do Círculo de Críticos Literarios ao mellor primeiro libro Premio Hemingway Foundation/PEN ao mellor primeiro libro de ficción Premio 5 under 35 da National Book Foundation American Book Award 2017: Granta Mellor escritora nova estadounidenseKellogg, Carolyn, e Michael Schaub, "Granta names 21 of the best young American novelists" , The Los Angeles Times, 26 de abril de 2017."Granta’s list of the best young American novelists", The Guardian, 26 de abril de 2017.Onwuemezi, Natasha, "Granta reveals its Best of Young US Novelists 2017", The Bookseller, 26 de abril de 2017.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

NYT SundayReview Opinion by Yaa Gyasi, "I'm Ghanaian-American. Am I Black?" 8 de xuño de 2016 Entrevista en Daily Show con Trevor Noah (vídeo, 5:43), 16 de agosto de 2016 Entrevista en Late Night con Seth Meyers (vídeo, 3:15), 2 de agosto de 2016 Entrevista de Tavis Smiley (vídeo, 11:34) e transcrición, 2 de xuño de 2016 Kate Kellaway, "Yaa Gyasi: ‘Slavery is on people’s minds. It affects us still’", The Guardian'', 8 de xaneiro de 2017. "Yaa Gyasi" , en Foyles. Alec Russell, "Yaa Gyasi: ‘Racism is still the drumbeat of America’", 20 de abril de 2018.

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Ghana Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de Ghana Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia ghanesa Categoría:Alumnos da Universidade Stanford