Mike Daum, nado o 30 de outubro de 1995 en Kimball, Nebraska, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que actualmente xoga para o KK Crvena zvezda serbio.

Traxectoria Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2019, Daum xogou a Liga de Verán da NBA cos Portland Trail Blazers. O 27 de xullo de 2019, anunciouse a súa fichaxe por unha tempada polo Obradoiro CAB da Liga ACB. O 21 de xullo de 2020, Daum e o Obradoiro chegaron a un acordo para renovar o contrato do xogador unha tempada máis.

Tras dúas tempadas en Santiago de Compostela, Daum asinou co Derthona Basket, acabado de ascender á Lega Basket Serie A italiana.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com Perfil en South Dakota State

Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Nebraska Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do Obradoiro CAB Categoría:Xogadores do Derthona Basket Categoría:Xogadores do Anadolu Efes SK Categoría:Xogadores do KK Crvena zvezda