Susa é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na provincia de Ubaté, a 128 km de Bogotá.

Susa limita cos concellos de Simijaca, Fúquene, San Miguel de Sema e a lagoa de Fúquene.

Toponimia O topónimo Susa, en muysc cubun (lingua muisca) significa «palla branca».

Historia Na época precolombiana, o territorio do actual concello de Susa estivo habitado polos muiscas. O 2 de agosto de 1600 o Oidor Luis Enríquez proferiu dende Cucunubá o auto de fundación dos novos pobos indios de Susa, Simijaca, Fúquene e Nemoquá. O mesmo 2 de agosto, Luis Enríquez contratou co albanel Juan Gómez de Grajeda a construción da igrexa de Susa por valor de 1.620 pesos ouro de vinte quilates; a escritura foi asinada ante o escribano Rodrigo Zapata e as testemuñas e fiadores Juan Francisco de Ortega, Juan de Silva Collante, Domingo de Guevara e Juan de Beira.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos de Cundinamarca Categoría:Confederación muisca