O parrulo rubio (Netta rufina) é unha especie de ave anseriforme da familia Anatidae propia de Eurasia e o norte de África. Non se recoñecen subespecies.

Descrición miniatura|esquerda|Femia. miniatura|esquerda|Macho en plumaxe reprodutiva. É unha das aves anátidas máis rechamantemente coloreadas de Europa. Salienta pola súa gran cabeza redonda. Mide entre 45 e 54 cm de longo e entre 85 e 92 cm de envergadura, e adoita pesar entre 800 e 1500 g. O macho é inconfundible coa súa prominente cabeza de cor castaña alaranxada e o seu bico vermello. O pescozo e a maior parte do seu corpo son negros, exceptuando unha gran mancha branca que ocupa a parte central do seu flanco, e o dorso que é pardo cincento como as cobertoiras das súas ás. Presenta unha gran banda branca que abrangue todas as plumas de voo das ás, mentres que a beira anterior e a parte inferior das ás, ademais da punta da cola, tamén son brancos. O iris dos ollos téñenos de cor vermella. A femia é de tons pardos claros, algo máis escuros nas partes superiores. As súas meixelas abrancazadas contrastan co píleo pardo. O bico da femia é anegrado coa punta alaranxada e os ollos castaños. O macho en plumaxe de eclipse é similar á femia aínda que máis escuro, e segue tendo o bico avermellado.

O único pato que ten un padrón de plumaxe parecido ao do macho na súa área de distribución é o pato chupón, pero este ten as ás e dorso abrancazados na súa totalidade, e o seu ventre é branco, non só o flanco. Ademais, aínda que ten a cabeza e os ollos dunha cor similar, a cabeza do pato chupón é de forma triangular e o seu bico é negro e gris, non rubio.

Taxonomía e etimoloxía

O parrulo rubio describiuno cientificamente o zoólogo alemán Peter Simon Pallas en 1773, co nome de Anas rufina, que en latín significa 'pato de pelo rubio', en referencia á cor vermella (rubia) da cabeza do macho. Posteriormente foi trasladado ao xénero Netta, creado por Johann Jakob Kaup en 1829.Peterson, A. P. Zoonomen. Zoological Nomenclature Resource - Anseriformes É unha especie monotípica, é dicir, non se recoñecen subespecies diferenciadas.Frank Gill y David Donsker. Screamers, ducks, geese & swans. IOC World Bird List versión 5.1.

A etimoloxía do nome do seu xénero é simple, Netta é a palabra do grego antigo que significa 'pato'. O seu nome específico rufina procede do termo latino rufus, que significa 'rubio' (de pelo vermello), co engadido da terminación feminizadora -ina (posto que tanto anas coma netta son femininas).

miniatura|esquerda|Macho mudando cara á plumaxe de eclipse.

Distribución e hábitat

Cría en lagos e lagoas de latitudes temperadas de Europa e Asia occidental e central. A maioría das súas poboacións son migratorias. Pasa o inverno no sur de Europa e Asia e o norte de África. En Galicia é un invernante escaso.Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. Durante a migración e o seu período de invernante tamén se pode encontrar en estuarios, deltas, marismas e outros hábitats costeiros.

Comportamento miniatura|Femia alimentándose xunto coas súas crías. miniatura|Ovos de Netta rufina, no Museo de Historia Natural de Tolosa MHNT. Aliméntase principalmente de plantas acuáticas, incluídas as súas raíces e sementes, aínda que complementa a súa dieta con invertebrados como moluscos e pequenos anfibios e peixes.

A época de cría ten lugar entre abril e agosto. Constrúe o seu niño no chan xunto á beira da auga ou sobre balsas de vexetación flotante. Incuba durante uns 26 a 28 días unha posta de entre 6 e 12 ovos de cor verde clara. Mentres a femia incuba e coida das crías os machos mudan por completo a plumaxe perdendo a capacidade de voar durante un mes, un período que pasan agochados entre a vexetación palustre a maior parte do tempo. As femias realizan a muda un mes despois, cando as súas crías están emplumando.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Anátidos Categoría:Animais descritos en 1773 Categoría:Netta