O incerto señor Don Hamlet, Príncipe de Dinamarca. Peza dramática en tres xornadas, na que se presentan as súas dúbidas e morte, e se da varia noticia de outras xentes é unha obra dramática de Álvaro Cunqueiro publicada en 1958 pola Editorial Galaxia.

Foi estreada polo Centro Dramático Galego en 1991. Sarabela Teatro representouna en 2010.

Edicións Foi reeditada por Galaxia en Don Hamlet e tres pezas máis (1974), engadindo unha escena ao texto orixinal. A 5ª ed. é de 1986 e a 9ª, titulada Don Hamlet, de 2003, ISBN 978-84-7154-489-6. Tamén aparece en Obra en galego Completa I (1980) e en Don Hamlet e outras pezas. Teatro galego completo. 1932-1968 (2013), todas en Galaxia.

Foi traducida ao castelán como El incierto señor don Hamlet y otras piezas dramáticas (1992, Destino), tradución de Basilio Losada. E ao asturiano como Don Hamlet y otres pieces de teatru (2003, Ámbitu), tradución de Pablo Antón Marín Estrada.

Características

É a peza dramática máis coñe­cida de Cunqueiro, a máis longa e a primeira en aparecer. Partindo da traxedia de por William Shakespeare nos arredores do ano 1600, Cunqueiro procede a unha nova lectura do personaxe e dos seus problemas. Na obra explícase o mito de Hamlet ligado ao de Edipo.

Segundo a interpretación do noso autor, Hamlet non mata ao seu tío, senón ao seu pai verdadeiro, o Usurpador. Hamlet revélase como froito dun adulterio, educado por aquel a quen cre seu pai para a vinganza e o parricidio é abocado a unha relación incestuosa coa súa nai. Hamlet decátase de que a súa vida é tan só unha vinganza artellada por outro. Todo este fra­caso vital lévao ao suicidio.

Ao presupor o previo coñecemento do referente de Shakespeare, esixe do público unha actitude activa (como sucede tamén no lector da súa narrativa). Sen mingua da profundidade simbólica, o humor e a ironía están presentes mesmo nas es­cenas máis graves.

O autor explica na introdución:

Contido miniatura|300x300px|Escultura do autor coa catedral de Mondoñedo ao fondo

Dramatis personae

El Rei Halmar de Dinamarca A Raíña Gerda O Príncipe Hamlet Ofelia Laertes, seu irmán Poloño, pai de ámbolos dous Pantalone Escaramuza Arlequín Doña Guglielma Colombiña Malar, estudante Outros estudantes O coro: xentes, sombras e voces de Dinamarca

Explicación da acción Halmar é o rei de Dinamarca, é o "Usurpador", porque seu irmán o Rei vello morreu envelenado. Gerda é a raíña, muller agora do Usurpador. Hamlet é o príncipe de Dinamarca.

Poloño é o gardaselos da coroa, os seus fillos son Ofelia e Laertes. Ofelia é a namorada de Hamlet.

Pantalone, Escaramuza, Arlequín, Doña Guglielma e Colombiña son uns cómicos italianos.

O coro ten un papel moi importante na peza.

Primeira xornada (4 escenas) No castelo de Elsinor fala o coro e bótalle a culpa de todos os males ao vento que castiga o castelo. Tamén dialoga o coro con Halmet, acláralle que seu pai, O Rei vello, que morreu na guerra de Bohemia envelenado por seu irmán O Usurpador, en realidade non é seu pai, o seu pai é o Usurpador que xa antes tivera amores coa raíña. Laertes tamén lle conta a Hamlet que o Rei vello sabía a verdade do fillo que non era fillo, aínda así, criouno e agarimouno porque era a súa arma de vinganza no futuro. Entra tamén Ofelia, dialogan sobre o amor e Hamlet non pode apartar da súa mente a imaxe da súa nai Gerda que traizoou o rei, o seu suposto pai.

Segunda xornada (cinco escenas) Poloño aconsella os estudantes que marchan e despídese de Laertes, que tamén parte. Despois dialoga coa raíña Gerda. Ela conta como chegou á corte de nena e os comportamentos que viu na Raíña vella. Como tivo que decidir, ela mesma comprou o veleno, dubidou a cal dos dous envelenar e preferiu que fose o máis nobre. E ramata: "a ese único testigo que chaman Hamlet hieno meter no meu colo". Chegan cantando os cómicos de Italia. Hamlet cóntalles a Ofelia, Gerda e Poloño que escribiu unha peza teatral e vai ser representada polos cómicos, eles preguntan de que vai tratar. Hamlet di:

Terceira xornada (9 escenas) Os cómicos comezan a representación, aínda que gustarían máis de representar a traxedia de don Gaiferos. Entra Hamlet e comeza a dirixir a representación, intervén Ofelia. Cando se representan os amores de Halmar e Gerda entran en escena eles que van comentando a acción e dando outra versións dos feitos. Insisten en que o Rei vello o sabía todo e Hamlet sería a súa vinganza. Ela confesa a decisión do veleno real. Nun momento Hamlet colle a espada dun actor e atravesa a Halmar que cae morto. Gerda fala co fillo e proponlle seguir de raíña, acollerse a vellos costumes en que nai e fillo poden casar. Mais Hamlet ten que seguir coa súa vinganza e crava un puñal no seo que o criou: "Non mandache matar por se fidel? Non me mandache matar por ser fidel?".

Hamlet dispón con Poloño os funerais, pon ao pescozo un lazo e guíndase desde o alto dunha torre dicindo:E remata o coro: "... dunha cama de pecado, saen estas desgracias... Deus te salve, Hamlet!"

Notas (do autor)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Obras literarias de 1958 Categoría:Obras de teatro en galego Categoría:Obras literarias de Álvaro Cunqueiro Categoría:Editorial Galaxia