José Amil Antas, nado en Beade e finado en Pontevedra o 7 de agosto de 1906, foi un militar e político galego.

Traxectoria Militar, membro da Asociación Militar Revolucionaria organizada por Manuel Ruiz Zorrilla e comprometido nas conspiracións zorrillistas. Destinado en Cuba, onde serviu máis de vinte anos, pasou de sarxento a capitán e logo a comandante. De ideas republicanas e anticlericais foi postergado no exército e trasladado, primeiro a Estrada, despois a Zaragoza e finalmente a Pontevedra, onde pediu o pase á escala de reserva e despois o retiro. Instalado en Pontevedra, participou na loxa masónica da cidade, foi un activo membro do Partido Republicano, que chegou a dirixir logo do pasamento de Armesto e Pascual Paz, e fundou e presidiu a Cooperativa de Consumo.La Libertad, 9-8-1906, p. 2.

Vida persoal Casou en Cuba con Elena Soto Martínez e foi pai de Abelardo e Fernando Amil Soto.

Notas

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados en Beade Categoría:Finados en 1906 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Anticlericais