«Wohin, kleines Pony?» (en galego: «Onde, pequeno poni?») é unha canción composta por Kurt Svab e interpretada en alemán por Bob Martin. Foi elixida para representar a Austria no Festival de Eurovisión de 1957 tras ser seleccionada internamente pola emisora austríaca ORF.
Festival de Eurovisión 1957 Selección «Wohin, kleines Pony?» foi seleccionada para representar a Austria no Festival de Eurovisión 1957 pola emisora austríaca ORF.
No festival A canción participou no festival celebrado no Großer Sendesaal des Hessischen Rundfunks de Frankfurt o 3 de marzo de 1957, sendo interpretada polo cantante austríaco Bob Martin. A orquestra foi dirixida por Carl de Groof.
Foi interpretada en quinto lugar, seguindo a Italia con Nunzio Gallo interpretando «Corde della mia chitarra» e precedendo aos Países Baixos con Corry Brokken interpretando «Net als toen». Ao final das votacións, a canción recibiu 3 puntos, obtendo o décimo posto (último) de 10.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Austria no Festival de Eurovisión
Categoría:Cancións en lingua alemá Categoría:Cancións de 1957 Categoría:Cancións de Eurovisión 1957 Categoría:Cancións de Austria en Eurovisión