«Heel de wereld» (en galego: «Todo o mundo») é unha canción composta por Benny Vreden e interpretada en neerlandés por Corry Brokken. Lanzouse como sinxelo en 1958 mediante Philips Records. Foi elixida para representar aos Países Baixos no Festival de Eurovisión de 1958 tras gaña-la final nacional neerlandesa, Nationaal Songfestival 1958.

Festival de Eurovisión 1958 miniatura|esquerda|Corry Brokken interpretando a canción durante un ensaio do Festival de Eurovisión 1958. Selección «Heel de wereld» cualificouse para representar aos Países Baixos no Festival de Eurovisión 1958 tras gaña-la final nacional neerlandesa, Nationaal Songfestival 1958.

No festival A canción participou no festival celebrado nos estudos AVRO en Hilversum o 12 de marzo de 1958, sendo interpretada pola cantante neerlandesa Corry Brokken. A orquestra foi dirixida por Dolf van der Linden.

Foi interpretada en segundo lugar, seguindo a Italia con Domenico Modugno interpretando «Nel blu dipinto di blu» e precedendo a Francia con André Claveau interpretando «Dors, mon amour». Ao final das votacións, a canción recibiu 1 punto, obtendo o noveno posto de 10 xunto a Luxemburgo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Países Baixos no Festival de Eurovisión

Categoría:Cancións en lingua neerlandesa Categoría:Cancións de 1958 Categoría:Sinxelos de 1958 Categoría:Cancións de Eurovisión 1958 Categoría:Cancións dos Países Baixos en Eurovisión