«Ma petite chatte» (en galego: «A miña gatiña») é unha canción composta por André Dohet e interpretada en francés por Fud Leclerc. Lanzouse como sinxelo en 1958 mediante Decca Records. Foi elixida para representar a Bélxica no Festival de Eurovisión de 1958 tras gaña-la final nacional belga.

Festival de Eurovisión 1958 miniatura|esquerda|Fud Leclerc interpretando a canción durante un ensaio do Festival de Eurovisión 1958. Selección «Ma petite chatte» cualificouse para representar a Bélxica no Festival de Eurovisión 1958 tras gaña-la final nacional belga.

No festival A canción participou no festival celebrado nos estudos AVRO en Hilversum o 12 de marzo de 1958, sendo interpretada polo cantante belga Fud Leclerc. A orquestra foi dirixida por Dolf van der Linden.

Foi interpretada en sétimo lugar, seguindo a Dinamarca con Raquel Rastenni interpretando «Jeg rev et blad ud af min dagbog» e precedendo a Alemaña con Margot Hielscher interpretando «Für zwei Groschen Musik». Ao final das votacións, a canción recibiu 8 puntos, obtendo o quinto posto de 10 xunto a Austria.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Bélxica no Festival de Eurovisión

Categoría:Cancións en lingua francesa Categoría:Cancións de 1958 Categoría:Sinxelos de 1958 Categoría:Cancións de Eurovisión 1958 Categoría:Cancións de Bélxica en Eurovisión