Joaquín Azurmendi Alonso, nado en Valladolid cara a 1889 e finado en Tui o 28 de xullo de 1936, foi un mestre armeiro e político galego.

Traxectoria Alumno aprobado pola Fábrica de Armas de Oviedo en 1911, foi destinado como mestre armeiro de terceira clase ao grupo de metralladoras da terceira brigada de Cazadores, afecta ao batallón de Barcelona.El Día de Madrid, 31-3-1911, p. 3. En 1922 foi destinado ao Grupo de Forzas Regulares Indíxenas de Melilla.La Correspondencia Militar, 29-6-1928, p. 3. Concedéronlle o retiro en Tui en agosto de 1931. Colaborou en Tribuna. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia ao exército sublevado e logo fuxiu ao monte Aloia. Froito dos enfrontamentos coas columnas do exército dedicadas á súa persecución, foi abatido o 28 de xullo xunto a Antonio Fernández Seoane.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Militares de España Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Valladolid Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1936