«Looking High, High, High» (en galego: «Mirando alto, alto, alto») é unha canción composta por John Watson e interpretada en inglés por Bryan Johnson. Lanzouse como sinxelo en 1960 mediante Decca Records. Foi elixida para representar ao Reino Unido no Festival de Eurovisión de 1960 tras gaña-la final nacional británica, Eurovision Song Contest of 1960 - British Finals.
Festival de Eurovisión 1960 Selección «Looking High, High, High» cualificouse para representar ao Reino Unido no Festival de Eurovisión 1960 tras gaña-la final nacional británica, Eurovision Song Contest of 1960 - British Finals.
No festival A canción participou no festival celebrado no Royal Festival Hall o 29 de marzo de 1960, sendo interpretada polo cantante británico Bryan Johnson. A orquestra foi dirixida por Eric Robinson.
Foi interpretada en primeiro lugar, precedendo a Suecia con Siw Malmkvist interpretando «Alla andra får varann». Ao final das votacións, a canción recibiu 25 puntos, obtendo o segundo posto de 13.
Versións En 1960, a cantante Annie Palmen, gañadora da final nacional neerlandesa para o Festival de Eurovisión 1960, gravou unha versión en neerlandés («Zeg weet jij»). En maio de 1960, a cantante Inger Berggren, gañadora da final nacional sueca para o Festival de Eurovisión 1960, lanzou unha versión en sueco («Bara ja, ja, ja»).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Reino Unido no Festival de Eurovisión
Categoría:Cancións en lingua inglesa Categoría:Cancións de 1960 Categoría:Sinxelos de 1960 Categoría:Cancións de Eurovisión 1960 Categoría:Cancións do Reino Unido en Eurovisión