Salvador Rodríguez Pastoriza, nado en Bueu o 2 de outubro de 1963 é un xornalista e escritor galego.

Traxectoria

Estudou a secundaria no IES Rodeira de Cangas de Morrazo e Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid. É xornalista do Faro de Vigo.

É irmán de Francisco Rodríguez Pastoriza.

Publicacións en galego

Fins do mundo (1998). Autoedición. Entre Fisterras. Conversas con Carlos Núñez (2003). Ed. Xerais, Crónica. 224 páxs. ISBN 84-9782-076-2. Memoria de náufragos (2006). Ed. Cardeñoso. 128 páxs. ISBN 978-84-8190-435-2. Libertarios (2007). Ed. Cardeñoso. 152 paxs. ISBN 978-84-8190-480-2. Liboreiro Blues (2015). Bueu Edicións. 90 páxs. (Recordos de Bueu) Historias de Galegos Extrardinarios (2017). Belagua Ed. 108 páxs. ISBN 978-84-941751-9-0.. Prólogo de Ánxel Vence.

Colectivo

Phiccións (2001). Xerais. 136 páxs. ISBN 8483025809.

Publicacións en castelán

La Hija de Sherlock Holmes (2000). Alfasur. 108 páxs. ISBN 9788492063086. En las rendijas de la memoria (2019). Punto Rojo. 210 páxs. ISBN 9788417878740.

Premios

3ª Premio Julio Camba de Periodismo (2000). 2º Premio do Certame de Relatos Curtos «Concello de Moaña» (2001). Mención Especial do Xurado no XVIII Certame Nacional Galego de Narracións Curtas «Modesto R. Figueiredo» (2002).

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Bueu Categoría:Nados en 1963