Sobre os males que provoca o tabaco (en ; romanizado como O vredye tabaka) é unha obra dun só acto de Anton Chekhov. Ten un único personaxe, Ivan Ivanovich Nyukhin. Foi publicada por vez primeira en 1886, mais foi revisada por Chekhov e a versión máis coñecida é a de 1902.

Foi traducida ó galego por Francisco Pillado Mayor e foi publicada pola editorial Sotelo Blanco no ano 1991. No ano 2005, foi publicado de novo cunha tradución de Pillado Mayor dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.

Sinopse A acción ten lugar nunha pequena vila. A esposa de Nyukhin dille que dea unha conferencia sobre "os efectos nocivos do tabaco", aínda que el é fumador. Pola súa banda, el salienta que será unha conferencia seca e aburrida, mais sempre pospón o tema real ó falar sobre os seus problemas coa súa dominante esposa.

Nyukhin quere enfrontarse á súa esposa, quere fuxir, esquecer e estar só. Quita o chaleco vello e en mal estado (unha metáfora de si mesmo). Ó final do monólogo, Nyukhin apenas dixo nada relevante sobre os efectos nocivos do tabaco, pero pídelle á audiencia que non o traizoen.

Notas

Véxase tamén Outros artigos  Biblioteca Galega de Clásicos Universais Bibliografía Schmidt Paul, The Plays of Anton Chekhov, A New Translation, Harper Perennial

Categoría:Obras literarias de 1886 Categoría:Obras literarias en ruso Categoría:Obras traducidas do ruso ao galego‎