De profundis (que en latín quere dicir "dende o abismo") é o título dunha epístola escrita por Oscar Wilde entre xaneiro e marzo de 1897 e publicada por primeira vez polo seu testamenteiro literario Robert Baldwin Ross en 1905, cinco anos despois da morte do poeta e dramaturgo irlandés.

Foi traducida ó galego por Fidelina Seco Vilariño e Luz Cao Losada e foi publicada por Edicións Laiovento no ano 1994, baixo o título De profundis e outros escritos. No ano 2004, publicouse en Edicións Xerais unha nova tradución baixo o título De profundis con tradución de Seco Vilariño e Cao Losada. No 2005 foi publicado de novo cunha tradución de Seco Vilariño e Cao Losada dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.

Notas

Véxase tamén Outros artigos  Biblioteca Galega de Clásicos Universais Bibliografía

Kiberd, D. (2000) Irish Classics Granata Raby, Peter (1988) Oscar Wilde: A Critical Study Mason, Stuart (1914; new ed. 1972) Bibliography of Oscar Wilde. Rota pub; Haskell House Pub

Categoría:Obras literarias de 1897 Categoría:Obras literarias de 1905 Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego‎ Categoría:Oscar Wilde Categoría:Epístolas