José Gallego Nogueira, coñecido como O neno da Camiña, nado en Cangas de Morrazo cara a 1899 e finado en Pontevedra o 27 de xullo de 1937, foi un funcionario e político galego.
Traxectoria Garda de Arbitrios do concello de Cangas. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra en Pontevedra por rebelión militar o 12 de maio de 1937 con Antonio Fernández Fernández, Agustín Sanjuán Sansinenea, José Mejuto Bernárdez, José Meis Martínez, Gumersindo Gastiasoro, Germán Chapela Leiro e Ángel Martínez Fandiño, foi condenado a pena de morte. Foi executado na Caeira (Poio) con Antonio Fernández, José Mejuto e José Meis o 27 de xullo de 1937.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Cangas de Morrazo Categoría:Finados en 1937 Categoría:Nados en 1899 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos