O fouciño de ouro (en ) é o segundo volume da serie de banda deseñada Astérix, creada por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración). Foi serializado por vez primeira na revista Pilote, nos números 42–74 en 1960, e foi publicado como libro en 1962.
Foi traducido ó galego por Eduardo Blanco Amor e publicado por Mas-Ivars en 1978 baixo o título Astérix e a fouce de ouro. A tradución deste volume aparece asinada por "Juan Blanco Amor". En 1998 publicouse de novo da man de Editorial Galaxia, con tradución de Antonio Pichel Lorenzo e baixo o título O fouciño de ouro. No ano 2010 publicouse unha nova tradución de Valentín Arias, Xavier Senín e Isabel Soto pola Editorial Salvat con ese mesmo título.
Notas
Categoría:Álbums de Astérix Categoría:Obras literarias de 1962 Categoría:Obras literarias en francés Categoría:Obras traducidas do francés ao galego